Eventos
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de outubro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.
Bo proveito!
O pasado xoves, 13 de outubro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria visitamos a vila de Padrón, onde se atopa a Casa-Museo de Rosalía de Castro.
Descubrimos a historia da súa vida e familia, e tamén profundizamos na súa obra. Un exemplo de escritora que defendeu a nosa lingua e cultura.
Aproveitamos o tempo e descubrimos tamén o xardín botánico. Encantounos pasear e merendar baixo esas árbores tan grandes e tan ben coidadas.
Ademais, estas saídas son esenciais para a convivencia e cohesión dos grupos.
E con esta imaxe presentámosvos o proxecto deste ano a nivel de centro: "MasterCeip"
Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen nos diferentes utensilios de cociña.
Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa cociña, alimentación, gastronomía de Galicia... primando a parte práctica para
afianzar os contidos.
Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguén quere participar non
dubide en contactar con nós! Estade conivadxs!!
A por un curso delicioso todxs xuntxs!!
O día 16 de outubro foi o día internacional da alimentación e desde o cole, aproveitando o proxecto de MasterCeip, quixemos realizar un obradoiro de almorzo saudable e solidario, xa que ademais de gozar dunha merenda rica, trouxemos alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos.
Aproveitamos para traballar algunhas das metas que nos marcan os ods:
- Poñer fin a fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible.
- Garantir unha vida sa e promover o benestar para todxs en todas as idades
Que boa maneira de comezar a semana!!
Gracias familias polas vosas donacións!!
Comezamos co proceso para a renovación parcial do Consello Escolar. A continuación mostrase información dos postos vacantes, así como das datas importantes durante o proceso.
POSTOS VACANTES
2 representantes de claustro
2 representantes de familias
CALENDARIO DE EVENTOS RELACIONADOS
Día 28 de outubro |
Sorteo Público para a designación dxs membrxs da Xunta Electoral ( 1 Profesorado - 1 Familias) ás 13:45 na entrada do colexio. |
Día 3 de novembro |
Constitución Xunta Electoral ás 13:45 na dirección do centro |
Día 4 de novembro |
Publicación do Censo no taboleiro interior do centro. Poderase presentar reclamacións na Secretaría, dirixidas a Xunta Electoral, ata o día 15 de novembro ás 13:45 horas. Os modelos de reclamación poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO). |
Do 11 de novembro ao 18 de novembro
|
Presentación de candidaturas dende o 11 de novembro ata o 18 de novembro ás 13:45 horas. Os modelos de candidaturas poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO). |
Día 21 de novembro
|
Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) na dirección do centro para: - Resolver as reclamacións ó Censo Electoral. - Proclamación pública de candidaturas presentadas. - Sorteo dxs compoñentes da Mesa Electoral de familias. -Apertura do prazo de reclamación á proclamación de candidaturas. |
Día 24 de novembro
|
Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas (se hai reclamacións á proclamación de candidaturas)
|
Día 29 de novembro
|
VOTACIÓNS Familias: de 8:45 a 9:30. de 13:00 a 13:45. de 15:45 a 17:00 Mestres: Claustro extraordinario ás 18:00 horas |
Día 1 de decembro
|
Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) na dirección do centro para: - Supervisar as actas das mesas electorais e resolver as reclamacións. - Proclamar candidatos electos. |
Día 13 de decembro
|
Constitución do novo Consello Escolar ás 18:00 horas no centro. |
Antes do 16 de decembro
|
Envío de actas Xefatura territorial. |
O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, foi un día moi especial no noso cole, xa que inauguramos a Bilioteca da Caracolatola para este curso escolar 2022-2023.
Todo o alumnado aproveitou a xornada para descubrir os rincóns da nosa biblio. Libros, libros e máis libros... Pero tamén ordenadores para buscar información, legos e robots, xornais, espazo sensorial e moito máis!
Na biblioteca apareceu unha cesta MasterCeip misteriosa cun candado...menos mal que tenemos un alumnado que é quen de enfrontarse e superar todos os retos...conseguimos o código, abrimos a cesta e atopamos un montón de vitaminas de lectura!!
Agora seguro que temos enerxía dabondo para ler!!
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!