Eventos
Xa está de volta a iniciativa de Amazon "Un clic para el cole".
O curso pasado e o anterior conseguimos para o cole, grazas á vosa participación, unha tablet, un xogo, un robot para a biblioteca, uns pulsadores e material funxible.
A ver que tal este curso!!
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de outubro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.
Bo proveito!
O pasado xoves, 13 de outubro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria visitamos a vila de Padrón, onde se atopa a Casa-Museo de Rosalía de Castro.
Descubrimos a historia da súa vida e familia, e tamén profundizamos na súa obra. Un exemplo de escritora que defendeu a nosa lingua e cultura.
Aproveitamos o tempo e descubrimos tamén o xardín botánico. Encantounos pasear e merendar baixo esas árbores tan grandes e tan ben coidadas.
Ademais, estas saídas son esenciais para a convivencia e cohesión dos grupos.
E con esta imaxe presentámosvos o proxecto deste ano a nivel de centro: "MasterCeip"
Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen nos diferentes utensilios de cociña.
Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa cociña, alimentación, gastronomía de Galicia... primando a parte práctica para
afianzar os contidos.
Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguén quere participar non
dubide en contactar con nós! Estade conivadxs!!
A por un curso delicioso todxs xuntxs!!