Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
4
| 5
Start: 05/07/2022 12:00
Deixámosvos adxuntos as listaxes definitivas de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.
O xoves, 7 de xullo (de 9:30 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. Os libros de fondolibro entregaranse en setembro.
* Se non poden acudir os titores legais deben traer unha autorización firmada conforme lle permite a outra persoa recollelo. | 6
| 7
Start: 07/07/2022 10:26
Está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo dende o 19 de maio ata o 30 de setembro. Para máis información podedes consultar o archivo anexo a esta publicación ou o seguinte enlace web Start: 07/07/2022 10:33
Dentro do proxecto de Galicia Máxica, tamén temos moita variedade de música galega. Hoxe visitáronnos 3 membros da Escola de música de Chapela para contarnos un pouquiño máis sobre algúns instrumentos tradicionais galegos e achegarnos máis de cerca a música tradicional. Por último rematábamos bailando e cantando a canción de Samuel Soto das letras galegas sobre Florencio Delgado Gurriarán.
BRAVO!! Todo un pracer tervos con nós. Grazas!!
Start: 07/07/2022 10:48
Hoxe no cole tivemos a fantástica actividade de Normalización lingüística de Redondela, "Camiño da lingua " na que o alumnado de 5º e 6º de primaria aprenderon da lingua e cultura de Galicia Máxica. Moitas grazas Concello de Redondela por facernos partícipes desta fantástica actividade
Start: 07/07/2022 10:56
E ti que sabes da Coca? Durante todo o curso estivemos inmersos en Galicia Máxica...e no mes de xuño, aproveitando as festas do Concello de Redondela, traballamos e investigamos sobre a "Festa da Coca", achegándonos a cultura e tradición da nosa contorna próxima
O alumnado de todo o cole aprendeu moitas cousas interesantes que puideron vivenciar máis de cerca desfrutando das festas patronais de Redondela a mediados de xuño. Start: 07/07/2022 11:07
Cerramos unha etapa e con ela queremos plasmar un pouquiño do vivido estos anos en grupo. As titoras desexámosvos o mellor no voso camiño. Desfrutade moito!!!
2019/2022 Os cangrexos - Equipo vacinas - Equipo carcamáns
2020/2022 Máis que ósos - Os malegos
Start: 07/07/2022 11:55
Polo Día Mundial do Medio Ambiente quisemos facervos partícipes de todo o que traballamos no cole durante esa semana para facer da nosa "Galicia Máxica" unha Galicia máis verde e sostible. Por eso cada clase do cole elixiu unha temática para profundizar nas distintas necesidades e compartilo con todos vós para poder coidar a nosa terra. TOMADE NOTA
4º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535307427272437761 5º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535224916215271426 6º EI: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535206071983382529 1º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535268605016915971 2º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1536791184525377536 3º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535244283279712257 4º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535279309912518656 5º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535205025772879873 6º EP: https://twitter.com/AngorenCole/status/1535196559805140993
Start: 07/07/2022 12:15
Partindo do "Itinerario Lector" da Biblioteca Caracola Tola o alumnado de infantil preparou un teatrillo dos "Chibos Chibóns" para os seus compañeiros e compañeiras do 1º ciclo de primaria. Estaban algo nerviosos/as pola posta a punto en público pero o resultado foi espectacular. Moi bo traballo infantil!!!!
Start: 07/07/2022 12:32
Na biblio da Caracola Tola non nos esquecemos do Día do Cómic. Cada titoría elaborou a súa propia creación! Agora temos un espazo na nosa biblio adicado aos cómics, con curiosidades, moitos exemplares e unha exposición das produccións do alumando, a aproveitalo!!!
Start: 07/07/2022 12:54
Durante o curso 2021/2022 o alumnado de infantil aproveitou o préstamo da Biblioteca Caracola Tola para cubrir o seu pasaporte lector. Cada semana escollían o conto que querían e anotaban o título e data.
Á volta do fin de semana contábannos se lles gustou o non, que pasaba na historia, as personaxes... Cun debuxo como apoio visual que se foron colocando na clase ou gardando como libro.
| 8
| 9
| 10
|