Eventos
Hoxe, aproveitando que o domingo foi o dia mundial do medio ambiente, a clase dos trasnos de 1° e a clase do arco dos urcos de 2° fumos
de excursión a Naturnova, que é un Centro Interactivo de Educación Ambiental en Vigo. Alí puidemos coñecer curiosidades do Universo, o
noso planeta e o medio que nos rodea de forma lúdica, dinámica e participativa.
Unha xornada diferente na que o pasamos xenial e aprendemos moitas cousas novas!!
O alumnado de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivemos unha charla sobre o patrimonio etnográfico da contorna e a importancia de coidala, coñecendo así muíños de Chapela e experimentando cun muíño de man de pedra entendendo mellor o proceso, traballo e tempo necesario para obter a fariña.
Tras a charla do outro día, Álvaro guiounos pola nosa contorna para descubrir fantásticas zonas que temos ao redor do cole. Aprendemos moito sobre árbores, plantas e muíños
Foi unha sorte poder coñecer un pouco máis da nosa Galicia Máxica en Chapela
O alumnado de nova incorporación de educación infantil e primaria admitido no centro para o curso 2022/2023 deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013.
Deberán traer cuberto os dous documentos adxuntos nesta entrada: formalización de matrícula e actualización de datos.
Calquera dúbida podedes chamar ao centro: 886120405 ou mandar un correo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
Como remate final do proxecto de Galicia Máxcia organizamos unha Foliada, como xornada de convivencia, na que o alumnado amosou as
súas mellores habilidades artísticas tal e como podedes ver nos seguintes videos:
Rematamos o curso achegándonos á nosa cultura local.
Con motivo da festa da Coca, o alumnado de 4º de infantil e 3º e 4º de primaria desprazáronse ata o centro de Redondela, onde asistiron a
unha visita guiada. Deste xeito, puidemoscoñecer lugares emblemáticos da vila, así como as diversas tradicións que envolven a esta máxica
festividade.
A pesar do mal tempo e de non poder facer a saída e convivencia que tiñamos pensado, puidemos desfrutar dos
obradoiros de Miudiño no cole para festexar o fin de curso!!
Grazas á manipulación de gran cantidade de materiais naturais e orgánicos e ao emprego de ferramenta real,
o alumnado puido transformar, modificar e crear libremente o que quiseron e imaxinaron!!
Gran día para lembrar
Dende a biblioteca da Caracola Tola queremos despedir este curso cás seguintes recomendación lectoras para o verán
Desfrutade das mellores lecturas en familia!! Bo verán!!
O mércores 22 foi un día moi especial para o alumnado, familias e profesorado de 6º de infantil e 6º de primaria.
As graduacións estiveron cargadas de emoción e felicidade
Grazas ao alumnado polas palabras e as actuacións preparadas con tanto agarimo!!!
Esperamos que todxs desfrutaran deste día.
GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL
GRADUACIÓN 6º DE PRIMARIA
Aquí vos deixamos a lista dos libros de texto para o vindeiro curso 2022-2023
E co curso a piques de rematar....sae unha nova edición da nosa revista "FOLERPAS 2022"
Esperemos que pasedes un bo rato lendo e desfrutando da revista e que vos guste tanto como a nós!!
https://issuu.com/noemimoreiracousido/docs/folerpas_2022
A Caracola Tola e o Beretiño deséxanvos un bo verán...vémonos en setembro cas mesmas ou máis gañas!!
Publicamos a continuación as datas sobre as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023:
Publicación das listaxes provisionais: venres 1 de xullo
Publicación das listaxes definitivas: martes 5 de xullo
Recollida de vales (libros de texto e material): xoves 7 de xullo (9:00-14:00)
*no caso de non poder recoller o vale os proxenitores é preciso unha autorización de ambas partes con nome, apelidos e DNI.
Os libros de fondo solidario entregaranse en setembro ao comezo de curso.
Calquera dúbida podedes chamar ao 886120405 ou mandar un correo a ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
Deixámosvos adxunto as listaxes provisionais de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adqusición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.
O martes, día 5 de xullo, publicaremos as listaxes definitivas e o xoves 7 (de 9:30 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales.
*no caso de non poder recoller o vale os proxenitores é preciso unha autorización de ambas partes con nome, apelidos e DNI.
Calqueira dúbida, contactade co colexio.