Eventos
MAIO: MES DE FLORES, DE COPLAS E DE TRADICIÓNS
A mañá comezou cunha sorpresa que o Beretiño deixara en todas as titorías: unha xesta e unha carta explicando o uso deste amuleto de protección.
src="/centros/ceipalexandreboveda/system/files/u2/FR6fkWUXoAI7BOz.jpg" alt="" width="344" height="343">
Xa dende ben cedo, baixamos á pista, onde os profes organizaran obradoiros para a elaboración conxunta do maio. Fíxonos moita ilusión!!
Despois dunha mañá de traballo velaquí o resultado. Parabéns a toda a comunidade educativa por facelo posible. Agora toca ir afinando as gorxas para mañá!!!
A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación para este ano 2022, unha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar e permitir que as e os participantes poidan gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival.
O prazo de inscrición, totalmente de balde, permanecerá aberto dende o día 24 de maio ata o día 3 de xuño. O programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres e, tanto o horario coma os meses nos que se levará a cabo o programa, estarán suxeitos á normativa e medidas ditadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria pola COVID-19, pudendo sufrir variacións.
Máis información: http://redondela.gal/es/anuncios
Nos adxuntos atoparedes as bases e ficha de incrición.
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de maio.
Bo proveito!
O alumnado de 3º e 4º de primaria estivemos inmersos na lectura do libro "O mundo máxico de Lía" e hoxe visitounos Eduardo
Santiago, o autordo libro publicado por Xerais
Foi un pracer coñecelo en persoa e manter unha interesante conversa con el na nosa biblioteca da Caracola Tola.
Se pinchas na imaxe podes ver un pequeno video de resumo:
Hoxe no Dia Mundial da Bicicleta no cole quixemos concienciar ao alumnado da importancia do uso de este medio de transporte
sosteñible, san e divertido. Para iso, primeiro tivemos unha charla moi interesante sobre seguridade vial cando vamos na bici e
rematamos cun fantástico circuíto organizado polo club de ciclismo de Teis e o cal puidemos realizar cas nosas propias bicis!!
Hoxe, aproveitando que o domingo foi o dia mundial do medio ambiente, a clase dos trasnos de 1° e a clase do arco dos urcos de 2° fumos
de excursión a Naturnova, que é un Centro Interactivo de Educación Ambiental en Vigo. Alí puidemos coñecer curiosidades do Universo, o
noso planeta e o medio que nos rodea de forma lúdica, dinámica e participativa.
Unha xornada diferente na que o pasamos xenial e aprendemos moitas cousas novas!!
O alumnado de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivemos unha charla sobre o patrimonio etnográfico da contorna e a importancia de coidala, coñecendo así muíños de Chapela e experimentando cun muíño de man de pedra entendendo mellor o proceso, traballo e tempo necesario para obter a fariña.
Tras a charla do outro día, Álvaro guiounos pola nosa contorna para descubrir fantásticas zonas que temos ao redor do cole. Aprendemos moito sobre árbores, plantas e muíños
Foi unha sorte poder coñecer un pouco máis da nosa Galicia Máxica en Chapela
O alumnado de nova incorporación de educación infantil e primaria admitido no centro para o curso 2022/2023 deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013.
Deberán traer cuberto os dous documentos adxuntos nesta entrada: formalización de matrícula e actualización de datos.
Calquera dúbida podedes chamar ao centro: 886120405 ou mandar un correo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
Como remate final do proxecto de Galicia Máxcia organizamos unha Foliada, como xornada de convivencia, na que o alumnado amosou as
súas mellores habilidades artísticas tal e como podedes ver nos seguintes videos: