Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 19, 2022
Start: 19/04/2022 13:28

Todo o alumnado que solicitou praza (antes do 21 de marzo) para o vindeiro curso 22/23 está admitido de xeito provisional.

 

 

Antes do 15 de maio actualizaremos as solicitudes a definitivas.

 

Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal o chamar ao 886120405.

Mércores Abril 27, 2022
Start: 27/04/2022 09:57

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de maio.

Bo proveito!

Luns Maio 02, 2022
Start: 02/05/2022 13:24

A Caracola Tola convidou á biblio a unha artista mondaricense que presentounos a obra de  Yayoi Kusama. 


Achegounos ao mundo da arte a través dun conto que presenta a vida e obra desta artista.

 

Despois fixemos un trivial cun dado que propoñía diferentes retos e preguntas sobre a mesma para poder gañar un montón de círculos de cores cos que creamos o recuncho na biblio da Caracolatola representando unha verdadeira obra de arte.

Tamén levouse a cabo un bingo de formas e unha manualidade con material de refugallo creando á propia Yayoi Kusama.

      

 

Martes Maio 03, 2022
Start: 03/05/2022 09:03

Despois deste longo trimestre de traballo decidimos rematalo dun xeito especial. Seguimos metidxs no proxecto de "Galicia Máxica" e aproveitando que comezaba a pimavera, realizamos un Taller Waldorf de creación de seres máxicos. Dividímonos por ciclos e cada un encargouse de elaborar un ser diferente: bolboretas, ananos, fadas...

Con diferentes lás de cores, fíos e imaxinación saíron estas fermosas creacións que podedes ver no seguinte video! 

 

 
Con este taller e diferentes xogos damos por rematado este 2º trimestre!!
 
Agora toca desfrutar das vacacións!!
 
Start: 03/05/2022 09:18

Chega una nove edición de ARTELIXO do Condello de Redondela. 

Un ano máis, dene o cole, decidimos partcicipar nesta iniciativa, concienciando e ensinando así, a darlle un segundo uso os materias de refugallo.

Aproveitando o noso proxecto, entre todo o alumnado, elaboramos unha maqueta dun antigo poboado castrexo. Nas seguintes imaxes podedes ver que artistxs están feitos os nenos e nenas do cole Angoren e fixádevos ben, que non falta detalle: castros, arbores, murallas, vexetación, animais...

 

 



Start: 03/05/2022 13:07

Marzo é un mes de mulleres e dende o cole queremos resaltar a figura de Ernestina Otero, muller importante no campo da educación.

Gracias ó Concello de Redondela e "Polo Corredor do Vento" por acercarnos a esta gran muller a través dun contacontos na biblioteca da Caracola Tola.

Ademáis, dende o equipo de dinamización, o Beretiño, deixounos varias actividades no taboleiro do cole para poder aprender moitas máis cousas sobre a vida e obra de Ernestina Otero.

 

 

Start: 03/05/2022 13:09

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria viaxou no tempo para coñecer o tesouro agochado

nas salas de Arqueoloxía do Museo Provincial de Pontevedra.

 

 
Start: 03/05/2022 13:14

Neste mes tan especial para as bibliotecas leváronse a cabo actividades no exterior do cole para todo o alumnado.

Grazas a especialista de música e a voluntariedade dalgúns nenxs fixeron "RECREOS MUSICAIS".

Con grandes actuacións para o resto do cole!!

 

 

      

 

Ademáis xs nenxs de 5º crearon uns CONTACONTOS fantásticos cunha posta a punto única. Como nos gusta celebrar e compartir!

SorrisoGrazas a todxs por esa gran colaboraciónSorriso

   

 

Culminamos o mes coa celebración polo "Día do Libro" coa proposta "Enfeitízate coa lectura", moi relacionado co noso

proxecto deste ano "Galicia Máxica".

Así todo o alumnado do cole fixo recomendacións lectoras en pócemas máxicas para enfeitizarnos coa lectura de diferentes contos.

Encántanos compartir gustos e ver o cole coas nosas propostas.

 

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Mércores Maio 04, 2022
Start: 04/05/2022 08:22

O alumnado de 5º de Primaria, acudíu o xoves día 28 de abril a Radio Vigo.

Foi unha visita na que houbo un traballo previo no centro e na que todos crearon un programa de radio.

Alí, tivemos a oportunidade de grabar unha cuña para a promoción do noso centro e ademáis, coñecer as diferentes instalacións.

  

 

  

 

Posteriormente, baixamos a TeleVigo, onde disfrutamos vendo o set de control e como se crea a pragramación dunha canle de televisión. 

Ademáis, gozamos moito facendo preguntas e sendo os presentadores dun telexornal!!

 

 Nos anexos podedes escoitar o resultado destes fantásticos Podcast!!! 

Start: 04/05/2022 12:50

Esta semana descubrimos que alguén estaba a gastar trasnadas polas clases e o cole… Atopamos pistas e descubrimos que era o

Leprechaun dende Irlanda

 Fixemos unha trampa para cazalo entre todo o alumnado do cole nas horas de pluriinfantil e plurilingüismo.

 

 

 A sorpresa de hoxe… Uns sacos con tesouros para todas e todos

 

Thank you leprechaun!!!!

Xoves Maio 05, 2022
Start: 05/05/2022 10:51

 

“AÍ VEN O MAIO DE FLORES CUBERTO…”

Canto gozamos das tradicións galegas, nesta segunda xornada dos maios Velaquí un anaquiño das nosas coplas. Un aplauso, artistas!

 

E como non, non podían faltar as coplas dos nosos mestres e, xa por fin este ano, a participación das familias cunha representación das mesmas. Moitísimas gracias a todos/as por esta xornada de Maios 2022. Para o ano máis e mellor!!

 

O noso cole está cheo de grandes artistas!!! Bravo!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut