Eventos
Coincidindo coa data do aniversario do nacemento da escritora, e coa participación de toda a comunidade educativa, levamos a cabo diferentes actividades para homenaxear a súa vida e obra.
Velaquí un pequeno resumo.
En todas as aulas da nosa escola agromaron pensamentos e enchémonos de cores e verbas bonitas, con flores feitas á man polo noso alumnado acompañadas de versos de Rosalía.
Grazas a vós familias, sempre dispostas a colaborar, puidemos facer este tendal cheo de fermosos versos e ilustracións.
Un día especial, no que sementamos ilusión e inauguramos o “Bancal de Rosalía”, que os nosos nenos e nenas encheron de pensamentos, grazas á aportación da ANPA.
Durante os meses de xaneiro e febreiro estivemos inmersos na cultura galega e traballamos diferentes símbolos de protección.
Nas clases de ARTS & CRAFTS elaboramos uns bonitos colares de arxila cos símbolos que máis nos gustou a cada un/unha de nós.
Mirade que artistas e que ben nos quedaron!!
Este ano celebramos estas dúas conmemoracións xuntas a nivel centro dende a proposta da Biblioteca Caracola Tola para todo o alumnado,
dende 4º de infantil ata 6º de primaria.
Reivindicamos a través de noticias estas mulleres tan importantes na nosa historia e todas as súas aportancións.
Cada clase investigou unha delas redactando todo o que aprenderon e compartíndoo con toda a comunidade educativa do cole.
Así chegamos ao coñecemento de máis e máis mulleres que deixan pegadas no día a día!
Están feitxs unhas auténticas/os periodistas
8-M
Aquí vos deixamos o menú de comedor de abril.
Bo proveito!