Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Marzo 03, 2022
Start: 03/03/2022 08:13

Aquí vos deixamos o menú de comedor de marzo.

Bo proveito!

Start: 03/03/2022 14:30

Podedes consultar a continuación a oferta de prazas para o curso 2022-2023.

Start: 03/03/2022 14:35

Abrimos o prazo de solicitude de admision de novo alumnado: do 1 ao 21 de marzo de 2022.

Podedes pedir cita para entregar a documentación e facilitarvos o proceso no teléfono 886120405 ou a traves do correo do centro ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

Tedes adxunto nesta entrada o Anexo II de solicitude de praza e a continuación a documentación que tedes que traer:

 

Na seguinte táboa podedes consultar os prazos para o proceso de admisión:

 

PROCESOS

PRAZOS

Solicitude de prazas

1 – 21 marzo

Listaxes provisionais

Antes do 25 de abril

Listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula

20 – 30 xuño

Venres Marzo 04, 2022
Start: 04/03/2022 13:12

O venres tocaba ensinar todo o traballo realizado durante as semanas anteriores e lucir os nosos disfraces!!

Xuntámonos de dous en dous grupos e elaboramos traxes tradicionais do noso Entroido galego...mirade que guapxs estábamos todxs!!

  

 

Gracias ao bo tempo puidemos desfrutar duns fermosos bailes...mirade este pequeno video de resumo  

Martes Marzo 08, 2022
Start: 08/03/2022 09:47

Tal e como vistedes na parte I do Entroido, este ano fixémolo dun xeito diferente, aproveitando o proxecto de "GALICIA MÁXICA" metímonos de cheo no ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO.

Para rematar con case máis dun mes de celebración o VENRES, 4 de marzo, festexamos o ENTERRO DO BERETE


 

Cada aula elaborou o seu propio Berete, decorouno e escribiu todo aquilo que queríamos deixar atrás para queimalo todxs xuntxs na pista do colexio ao grito de: ARDE BERETE!! 

  
 
É como broche  final, o luns, 7 de marzo, celebramos o DOMINGO DE PIÑATA con desfile de disfraces, baile, festa e chocolate con churros !!
 
   
 
Canto colorido había na pista do colexio!! 
  
 
 
 
Con PIÑATA incluida que levaba dentro unha doce sorpresa!!
 
Ata o ano que ven Entroidiño!! Viva o Entroido 2022 da Galicia Máxica!!
Martes Marzo 15, 2022
Start: 15/03/2022 11:03

 Coincidindo coa data do aniversario do nacemento da escritora, e coa participación de toda a comunidade educativa, levamos a cabo diferentes actividades para homenaxear a súa vida e obra.

Velaquí un pequeno resumo.

En todas as aulas da nosa escola agromaron pensamentos e enchémonos de cores e verbas bonitas, con flores feitas á man polo noso alumnado acompañadas de versos de Rosalía.

 

Grazas a vós familias, sempre dispostas a colaborar, puidemos facer este tendal cheo de fermosos versos e ilustracións.

 

Un día especial, no que sementamos ilusión e inauguramos o “Bancal de Rosalía”, que os nosos nenos e nenas encheron de pensamentos, grazas á aportación da ANPA.

Start: 15/03/2022 16:29

Durante os meses de xaneiro e febreiro estivemos inmersos na cultura galega e traballamos diferentes símbolos de protección.

Nas clases de ARTS & CRAFTS elaboramos uns bonitos colares de arxila cos símbolos que máis nos gustou a cada un/unha de nós. 

Mirade que artistas e que ben nos quedaron!!

                                                  

 

Mércores Marzo 16, 2022
Start: 16/03/2022 11:00

Este ano celebramos estas dúas conmemoracións xuntas a nivel centro dende a proposta da Biblioteca Caracola Tola para todo o alumnado,

dende 4º de infantil ata 6º de primaria.

Reivindicamos a través de noticias estas mulleres tan importantes na nosa historia e todas as súas aportancións. 

Cada clase investigou unha delas redactando todo o que aprenderon e compartíndoo con toda a comunidade educativa do cole. 

Así chegamos ao coñecemento de máis e máis mulleres que deixan pegadas no día a día!

 

 

Están feitxs unhas auténticas/os periodistas 

 8-M 

Xoves Marzo 31, 2022
Start: 31/03/2022 08:09

Aquí vos deixamos o menú de comedor de abril.

Bo proveito!

Distribuir contido


by Dr. Radut