Eventos
Xa está de volta a iniciativa de Amazon "Un clic para el cole".
O curso pasado conseguimos para o cole, grazas á vosa participación, unha tablet, un xogo e material funxible.
A ver que tal este curso!!
Como este ano o 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, coincide con domingo, no cole decidimos celebralo uns días antes.
Neste curso, cunha especial ilusión, celebramos o Día das Bibliotecas con dúas propostas.
Seguindo o noso proxecto de centro Galicia Máxica, o alumnado de todo o cole visualizou a película "O bosque animado". Desta forma, aínda que cumplindo o protocolo COVID, a biblioteca A Caracola Tola volve a cobrar vida gracias á presencia dos nenos e nenas.
Por outra banda, quixemos implicar ó alumando de forma directa na decoración da biblio, xa que é un espazo para todo o cole do que todas e todos somos partícipes.
Cada clase escolleu un conto e o representou nun lienzo empregando diferentes técnicas. O resultado... moita ilusión de todos os nenos e nenas ao poder colaborar coa biblio, e por suposto, unhas composicións preciosas.
Esta foi unha ocasión que nos permitiu, a través da maxia e a fantasía, recordar que na nosa biblio teñen cabida diferentes linguaxes.
Deixámosvos a continuación o resultado!!
Con motivo do próximo Samain desde Calidus queremos celebralo coas nenas e nenos dos nosos comedores cun menú temático.
Por iso enviámosvos o cartel do día 29 de outubro, para que poidades trasladar a información tanto ás nais e pais como ás nenas e nenos.
O menú consta de:
- Crema de calacú con arácnidos ( fideos de chocolate)
- Pizza tenebrosa de sanmain
- Biscoito de teas de araña.
Esperamos que gocen do menú tanto como nós elaborándoo.
*Aproveitamos a ocasión para informarlles que hoxe martes 26 de outubro cambiamos a sobremesa establecida no menú mensual ( froita) por natillas de chocolate.
Aquí deixámosvos o menú de novembro.
Bo proveito!
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Comezamos co proceso para a renovación parcial do Consello Escolar. A continuación mostrase información dos postos vacantes, así como das datas importantes durante o proceso.
POSTOS VACANTES:
3 representantes de claustro
2 representantes de familias
·
CALENDARIO DE EVENTOS RELACIONADOS
Día 29 de Outubro Sorteo Público Xunta Electoral ( 1 Profesorado - 1 Familias)
- Titular: Beatriz Vidal Ferreira
- Titular: Jorge Cobelas Sobrino
Día 3 de Novembro Constitución Xunta Electoral
Día 4 de novembro de 2021
· Publicación do Censo no taboleiro interior do centro. Poderase presentar reclamacións na Secretaría, dirixidas a Xunta Electoral, ata o día 12 de novembro ás 13:45 horas. Os modelos de reclamación poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO).
· Presentación candidaturas iníciase o 5 de novembro e remata ás 14 horas do día 12 de novembro. Os modelos de candidaturas poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO).
Día 15 de novembro de 2021
Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) para:
- Resolver as reclamacións ó Censo
- Proclamación pública de candidaturas presentadas.
Sorteo dos compoñentes da Mesa Electoral de familias.
Día 8 de novembro de 2021
Reunión Claustro ás 13:45 horas:
·
o Lectura normas das eleccións.
·
o Fixar data Claustro extraordinario para as eleccións do sector de Profesores.
Día 17 de novembro de 2021
Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas (se hai reclamacións á proclamación de candidaturas)
Día 23 de novembro de 2021
VOTACIÓNS:
·
Pais/nais: De 8:45 a 9:30.- De 13:00 a 14:00.- De 15:45 a 17:45
·
Mestres: Claustro extraordinario ás 18:00 horas
Día 24 de novembro de 2021
Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas para:
·
Supervisar as actas das mesas electorais e resolver as reclamacións.
·
Proclamar candidatos electos.
·
Enviar actas á Xefatura Territorial e comunicación do prazo de reclamacións.
Día 30 de novembro de 2021
·
Constitución do novo Consello Escolar, ás 18:00h
Antes do 17 de decembro de 2021
·
Envío de actas Xefatura territorial