Eventos
Dende a ANPA Os Muiños comunícannos que hai novas eleccións.
Adxuntamos a circular para que podades ver as vacantes e a organización.
O calendario electoral será o seguinte:
Apertura do prazo de presentación de candidaturas: 13/9/21
Publicación de listas provisionais: 23/9/21
Publicación de listas definitivas: 29/9/21
Asemblea electoral e votacións: 20/10/21
Toma de posesión do novo equipo directivo: 31/10/21
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de outubro.
Bo proveito!
A continuación podedes consultar o horario do equipo directivo para poder contactar.
HORAS DE ATENCIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO
|
|||||
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES
|
|
|||||
8:45 – 9:35 |
DIRECCIÓN
|
|
DIRECCIÓN
|
DIRECCIÓN
|
DIRECCIÓN
|
9:35 10:20 |
|
|
|
|
|
10:20 11:05
|
|
|
SECRETARÍA |
SECRETARÍA
|
SECRETARÍA |
DIRECCIÓN |
|||||
RECREO – HORA DE LER 11:05 – 12:05 |
|||||
12:05 12:55 |
|
|
|
|
|
12:55 13:45
|
DIRECCIÓN |
SECRETARÍA
|
DIRECCIÓN |
DIRECCIÓN |
DIRECCIÓN |
SECRETARÍA
|
SECRETARÍA
|
SECRETARÍA
|
SECRETARÍA
|
E con esta imaxe presentámosvos o proxecto deste ano a nivel de centro: "Galicia Máxica"
Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen nas estrelas da imaxe. Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa maxia de Galicia, primando a parte práctica para afianzar os contidos.
Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguen quere participar non dubide en contactar con nós!
A por un curso máxico todxs xuntxs!!
Comezamos un novo curso e con él, un novo proxecto cheo de maxia!!
No mes de setembro cada aula estivo a decorar o seu pote máxico no que mesturaron toda a ilusión e gañas coa que emprendemos esta nova aventura!!
Botáronlle imaxinación e creatividade...e velaquí que potes máis fermosos decoran os corredores do noso cole...
Que nos deparará o seguinte mes?