Eventos
Aquí vos deixamos o menú do mes de abril. Bo proveito!
Comezamos un novo trimestre cheos de enerxía conmemorando os días 6 e 7 de abril:
"Día Mundial da Actividade Física e Día Mundial da Saúde"
Cada día da semana temos dous retos que superar, retos mentais e retos físicos para poñer a punto a nosa saúde!
A final da semana veredes a clasificación grupal do cole Angorén e as diferentes probas que tivemos que superar!
Comenzan as olimpiadas co encendido do pebetero olímpico por parte dos maiores do cole!!!
Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso está admitido de xeito provisional. O 12 de abril actualizaremos as solicitudes a definitivas.
Calquera dúbida podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal o chamar ao 886120405.
A semana pasada celebramos as primeiras "Olimpíada saudable" do cole Angorén.
Cada día superaron diferentes retos físicos e mentais, todos eles cooperativos para deixar o cole Angorén na mellor posición.
A continuación deixámosvos unha pequena mostra do ben que o fixeron durante toda a semana.
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
BRAVO EQUIPO ANGORÉN!!!
Como resultado final todxs conseguimos alcanzar o podio saudable do cole Angorén a base de esforzo e cooperación.
Finalizamos esta semana coa cerimonia de clausura das primeiras olimpíada saudable e coa entrega de medallas.
Seguimos este terceiro trimestre fomentando hábitos de vida activa e saudable e para iso....
propoñémosvos diferentes retos !!
Dende hoxe, ata final de curso, cada venres proporase un reto de movemento e actividade física seguindo a liña do noso Plan Proxecta de centro.
Por cada reto conseguido farase entrega dun agasallo, como recompensa ao esforzo feito tanto polo alumnado como polas familias. Haberá máis sorpresas cantos máis retos consigan.
Animámosvos a participar e pasar un bo rato en familia e compartilo con todxs nos.
*Premede na seguinte imaxe para acceder ao Genially*
O 23 de abril conmemoramos en todo o centro
“O Día do Libro”
Cada aula elixiu un conto, o cal leron e traballaron durante toda a semana. Despois plasmaron as súas ideas nunha folla xigante ca que formamos o noso libro xigante do Angorén.
Magnífico traballo dxs nosxs alumnxs que podedes ver no seguinte vídeo
FELIZ DÍA DO LIBRO