Eventos
8M
Un día moi importante a traballar na educación, para transmitir a importancia da igualdade en todos os ámbitos.
Este ano relacionamos esta conmemoración co noso proxecto de centro "Saúde!" e por iso investigamos sobre diferentes mulleres deportistas galegas e os seus deportes, así coma a importancia de facer exercicio para manter unha vida saudable.
Grazas á inciativa da Xunta de Igualdade por esta campaña: Coñecendo as nosas deportistas.
Podedes ver os murais que se traballaron partindo de toda a información que obtivemos dende infantil a primaria.
4º-5º-6º Educación Infantil: Teresa Portela
1º Educación Primaria: Tamara Echegoyen 2º Educación Primaria: Verónica Boquete
3º Educación Primaria: Nuria Bouza 4º Educación Primaria: María Bernabeu
5º Educación Primaria: Desirée Vila 6º Educación Primaria: Susana Rodríguez