Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xaneiro 29, 2021
Start: 29/01/2021 09:12

Aqui vos deixamos o menú do comedor do mes de febreiro. Bo proveito!!

 

 

 

Domingo Xaneiro 31, 2021
Start: 31/01/2021 10:59

 

"EMOCIÓNS AO AIRE"

Ese foi o noso lema este ano para conmemorar o "Día Da Paz e Non Violencia".

Buscamos, pensamos e compartimos diferentes emocións plasmándoas nos nosos papaventos pola Paz.

Queremos que esas emocións non queden en palabras, queremos que cheguen a todo o mundo voando os papaventos con moita emoción!!

Deixámosvos un vídeo de todo o alumnado do cole con esta inciativa!!

Pero atentxs... que aínda faltan dende casa Guiño

 

 

 

E por fin tenemos a participación das familias!!

Así encheron o ceo de emocións dende as súas casas!! Grazas familias unha vez maís!!

 

 

       

Martes Febreiro 02, 2021
Start: 02/02/2021 15:17

Queredes coñecernos? Deixámosvos un adelanto Guiño

 

 

 

O prazo de solicitude de admision de novo alumnado é do 1 ao 22 de marzo de 2021.

Podedes pedir cita para entregar a documentación no teléfono 886120405 ou a traves do correo do centro ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

Tedes adxuntado nesta entrada o Anexo II de solicitude de praza e a continuación a documentación que tedes que traer:

 

 

ESPERÁMOSVOS!! 

Xoves Febreiro 11, 2021
Start: 11/02/2021 11:18

Podedes consultar a continuación a oferta de prazas para o curso 2021-2022

Na seguinte táboa podedes consultar os prazos para o proceso de admisión. Calquera dúbida chamar ao 886120405.

Venres Febreiro 12, 2021
Start: 12/02/2021 15:13

 

Como é tradición na semana do entroido o MECO manda...

"Como o luns é moi aburrido, algo na testa traerás divertido"


"Para que o martes non pase a modiño, un zapato de cada será divertido"

 

"O mércores imos a correr, e algo pintado na fronte as de traer"

 

"Para o xoves sen demora, traerás o pixama por fóra"

 

Pero aquí non remata o noso entroido... Estade atentxs!!

Sábado Febreiro 13, 2021
Start: 13/02/2021 10:50

 

Para celebrar o "Día Mudial da Radio" xs nenxs do cole participaron nesta inciativa proposta por "Ponte... nas ondas!" na que presentan a nosa "Radio Beretiño".

A continuación podedes escoitar o podcast que con moita ilusión gravaron na radio da biblioteca.

Esperamos que vos guste!

Martes Febreiro 16, 2021
Start: 16/02/2021 10:58

 

Este ano tamén tiñamos ganas de celebrar o entroido, aínda que dunha maneira diferente... Puidemos facer un desfile no cole!!!

Gustaríanos ter ás familias connosco nesta celebración... Pero esperamos moi pronto poder volver a xuntarnos e compartir moitos máis momentos xuntos!!!

Mentres tanto podedes ver o vídeo do desfile dxs nenxs relacionado co proxecto deste ano: Saúde!

 

 

BO ENTROIDO!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut