Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Decembro 22, 2020
Start: 22/12/2020 08:15

 

Dende o cole este ano celebramos as diferentes tradicións de fin de ano "around the world". 

Non vos perdades estas costumes e o ben que o fixeron os nenos e nenas. Están feitos uns grandes artistas!!

Desfrutade das vacacións e vémonos no 2021 con moitas ganas!!

 

 

*Pinchade na imaxe*

 

Start: 22/12/2020 13:02

Un ano máis chega unha nova edición do "Agasalla en galego". 

Sempre é un bo momento para regalar cultura e nestas datas un chisquiño máis!!

Mergulládevos no seguinte video para ver que nos recomenda a Caracola Tola!!

Venres Xaneiro 08, 2021
Start: 08/01/2021 09:07

Aqui vos deixamos o menú do comedor do mes de xaneiro. Bo proveito!!

Start: 08/01/2021 09:11

Durante o primeiro trimestre traballamos dentro do noso proxecto de Saúde! a nutrición e alimentación.

Aproveitando o patrimonio gastronómico que temos en Galicia O Betetiño propúxonos un reto:

"As receitas da avoa e o avó".

O noso alumnado, mans a obra, convertíronse en expertos cociñeiros  e cociñeiras e....aquí tendes o resultado!! Un fantástico libro de receitas tradicionaidas!!

Pinchade no seguinte enlace para poder ver con que delicias vos deleitan o alumnado de Angoren!!

Animámosvos a que fagades algunha! Bo proveito!

https://es.calameo.com/read/0001244370d0413470a45

 

Mércores Xaneiro 13, 2021
Start: 13/01/2021 11:01

       

Comunicarvos que xa está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2021-2022 para o alumnado de 6º de Primaria  que vaia cursar a ESO no IES CHAPELA.

 

       Tedes que cubrir e asinar a solicitude que vos mandamos a través do alumnado ou de forma telemática en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ premendo no menú: Solicitudes – Reserva – Crear.

    

 

Deixamos adxunto a solicitude de reserva nesta entrada.

 

 

Xoves Xaneiro 14, 2021
Start: 14/01/2021 10:59

 

Deixámosvos diferentes autorizacións que podedes descargar para entregar no colexio en caso de que sexa necesario. Lembrade sempre de escribir a data e firmala.

 

- Autorización recollida horario escolar: podedes traela cuberta para recoller ao alumno/a durante a xornada lectiva.

- Autorización imaxe.

- Autorización saídas pedagóxicas: consentimento para realizar as saídas pedagóxicas na localidade.

- Autorización recollida: personas autorizadas para recoller ao alumnado na saída do centro.

- Autorización para que o alumnado de 5º e 6º poidan saír sos polas tardes

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut