Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
23
| 24
Start: 24/11/2020 17:52
O pasado venres 20 de novembro celebramos o "Día Mudial da Infancia". Este ano os/as nenos/as de Angorén convertíronse en verdadeirxs superheroes e superheroínas!!! Estamos moi orgullosxs de como manexades a situación e respectades esta nova situación e todo o que implica. Este video vai por vós!!!
"Un gran poder conleva unha gran responsabilidade" Seguiremos loitando polos vosos dereitos sempre.
| 25
Start: 25/11/2020 21:11
Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o cole Alexandre Bóveda estivemos traballando diferentes actividades. A través do programa Radio na biblio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, da mande Iria Piñeiro, gravou estes videos. O resultado final a continuación! Están feitos/as uns grans locutores/as!!
Por outra banda, colaboramos co Concello de Redondela na elaboración de bolboretas de diferentes tipos para adornar tanto o noso cole coma outros edificios de Redondela, no noso caso o multiusos de Chapela en honra as irmás Mirabal.
Tamén traballouse na hora de lectura destes días diferentes contos e libros relacionados coa igualdade de xénero. Podedes consultar algúns no blogue da biblioteca.
"NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO" | 26
| 27
| 28
| 29
|