Eventos
Respectando as últimas novidades aportadas pola Consellería, reestructuramos o plan de adaptación, que deixamos a continuación, xunto co plan de continxencia e o plan de acollida.
A partir do luns 16 de novembro abre o comedor escolar.
Deixamos unha foto do menú e o adxunto en PDF por se queredes descargalo.
Deixámosvos adxunto a listaxe de alumnado beneficiario de máscaras por parte do centro. Unha vez dispoñibles manderémolas a través do alumnado xunto cun recibí que debe volver ao día seguinte firmado.
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material poderá solicitalas cubrindo o ANEXO I e II (adxunto nesta publicación) entregándoa do 16 ao 27 de novembro de forma presencial no centro pedindo cita previa a través do teléfono de centro: 886120405.
Este alumnado deberá cumprir algunhas das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€.
- Alumnado matriculado en Educación Especial.
- Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Podedes consultar a información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-061120-0002_gl.pdf
O pasado venres 20 de novembro celebramos o "Día Mudial da Infancia".
Este ano os/as nenos/as de Angorén convertíronse en verdadeirxs superheroes e superheroínas!!!
Estamos moi orgullosxs de como manexades a situación e respectades esta nova situación e todo o que implica.
Este video vai por vós!!!
"Un gran poder conleva unha gran responsabilidade"
Seguiremos loitando polos vosos dereitos sempre.
Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o cole Alexandre Bóveda estivemos traballando diferentes actividades.
A través do programa Radio na biblio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, da mande Iria Piñeiro, gravou estes videos. O resultado final a continuación! Están feitos/as uns grans locutores/as!!
Por outra banda, colaboramos co Concello de Redondela na elaboración de bolboretas de diferentes tipos para adornar tanto o noso cole coma outros edificios de Redondela, no noso caso o multiusos de Chapela en honra as irmás Mirabal.
Tamén traballouse na hora de lectura destes días diferentes contos e libros relacionados coa igualdade de xénero. Podedes consultar algúns no blogue da biblioteca.
"NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO"
Aquí vos deixamos o menú do mes de Decembro. BO PROVEITO!!!
Hoxe é un día importante, hoxe é o "Día Internacional Das Persoas Con Discapacidade".
Este ano a celebración fixémola toda a comunidade educativa participando na iniciativa "Baixo O Mesmo Paraugas" para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.
Por eso as familias e docentes abrimos os nosos paraugas cara a inclusión. Aquí deixamos estas fotos tan divertidas!!! Gracias por participar!!!