Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
2
Start: 02/11/2020 14:45
A partir do próximo luns 16 de novembro volverá a abrir o comedor escolar.
Aquel alumnx que se quera inscribir que cubra o formulario que mandamos e o remita de novo ao centro. A apertura do servizo respecta todas as medidas Covid, tal e como se indica no protocolo que podedes ver na marxe dereita da páxina ("Plan de adaptación á situación do Covid).
Nas circulares aparece o novo catering contratado: Calidus, e os precios actualizados.
Start: 02/11/2020 14:54
A Asociación de Nais e Pais dxs alumxs do CEIP Plurilignüe Alexandre Bóveda está en constante relación co centro ofrecendo apoio na súa dinámica e celebracións. A ANPA Os Muiños é e encargada dos servizos de madrugadores, comedor escolar e actividades extraescolares. Se necesitades poñervos en contacto podedes facelo no 617395139 ou no correo anpaosmuinos@gmail.com Tamén podedes ver as súas novas no seu blogue, páxina de facebook, instagram ou no twitter (premer en cada logo para acceder).
| 3
Start: 03/11/2020 16:12
Despois de toda a semana terrorífica...aquí deixamos un resumo do ben que o pasamos o venres!! Tocou facer manualidades de Samaín para o noso museo terrorífico e despois...unha rica merenda de castañas!! Gracias a ANPA pola súa colaboración, estaban...BOÍSIMAS!! Start: 03/11/2020 19:48
O horario do centro é de 8:45 a 13:45 horas.
- Tedes as sesións do alumnado no apartado "Horario da escola". - E o horario do equipo directivo no apartado "Atención ao público". | 4
Start: 04/11/2020 18:02
E con esta imaxe presentámosvos o proxecto de este ano a nivel centro: "SAÚDE!"
Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen na imaxe. Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa saúde e primando a parte práctica para afianzar os contidos. Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguen quere participar non dubide en contactar con nós! A por este curso todxs xuntxs!!! | 5
| 6
| 7
| 8
|