Eventos
O día 15 de outubro celébrase o día mundial do lavado de mans.
Este ano, máis que nunca, traballamos a importancia da hixiene dende as nosas aulas, con diferentes lecturas, manualidades, xogos, cancións...
A continuación tedes os enlaces das diferentes actividades que realizaron os nosos nenos e nenas!!
Que ben o pasamos aprendendo!!
https://twitter.com/AngorenCole/status/1317010964479344640
https://twitter.com/AngorenCole/status/1324097079967391747
https://twitter.com/AngorenCole/status/1317071065055694849
https://twitter.com/AngorenCole/status/1316717621241417729
A partir do próximo luns 16 de novembro volverá a abrir o comedor escolar.
Aquel alumnx que se quera inscribir que cubra o formulario que mandamos e o remita de novo ao centro.
A apertura do servizo respecta todas as medidas Covid, tal e como se indica no protocolo que podedes ver na marxe dereita da páxina ("Plan de adaptación á situación do Covid).
Nas circulares aparece o novo catering contratado: Calidus, e os precios actualizados.
A Asociación de Nais e Pais dxs alumxs do CEIP Plurilignüe Alexandre Bóveda está en constante relación co centro ofrecendo apoio na súa dinámica e celebracións.
A ANPA Os Muiños é e encargada dos servizos de madrugadores, comedor escolar e actividades extraescolares.
Se necesitades poñervos en contacto podedes facelo no 617395139 ou no correo anpaosmuinos@gmail.com
Tamén podedes ver as súas novas no seu blogue, páxina de facebook, instagram ou no twitter (premer en cada logo para acceder).
Despois de toda a semana terrorífica...aquí deixamos un resumo do ben que o pasamos o venres!!
Tocou facer manualidades de Samaín para o noso museo terrorífico e despois...unha rica merenda de castañas!!
Gracias a ANPA pola súa colaboración, estaban...BOÍSIMAS!!
O horario do centro é de 8:45 a 13:45 horas.
- Tedes as sesións do alumnado no apartado "Horario da escola".
- E o horario do equipo directivo no apartado "Atención ao público".