Na seguintes ligazóns podedes consultar a listaxe de libros de texto e de materiais para o curso vindeiro.
Libros de texto
Materiais
Como veredes nas mesmas, o alumnado de 4º e 5º de educación infantil (os rapaces e rapazas de 3 e 4 anos) non teñen libros de texto posto que traballan por proxectos.
Os rapaces de 5º e 6º de primaria tampouco teñen libros de texto pois empregan Edixgal.
Os titores e titoras de 5º de primaria teremos unha reunión coas familias antes de que empece o curso para explicarvos como funciona Edixgal e resolver tódalas dúbidas que poidades ter as familias dos rapaces e rapazas que comezan dito curso.
En breve publicaremos a data e hora das reunións de 4º de infantil e 5º de primaria para que podades prever con tempo.