Skip to Content

Admisión Alumnado

Matrícula 24/25

 

                                

 

 

Aquí tedes os impresos para formalizar a matricula do alumnado que obtivo praza neste centro, no prazo que abranque dende o 20 ao 30 de xuño.

Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.

O Alumnado escolarizado despois das datas de matrícula indicadas poderá formalizala ao incorporarse ao centro docente.

Alumnado 3 anos CEIP Novo Mesoiro

Aquelas familias que teñan solicitado praza para 3 ANOS no colexio de NOVO MESOIRO, ao non haber prazas para todos os solicitantes, deben presentar a documentación acreditativa dos méritos que teñan alegado na súa solicitude SÓ en caso de non telos entregado xunto coa mesma.

O prazo para presentar dita documentación remata o día 26 de maio.

Premede no enlace para máis información.

Formulario para o alumnado admitido no centro

Se o voso fillo/a foi admitido no centro, debedes cumplimentar un formulario establecido pola XUNTA.

No cole proporcionámosvos unha copia impresa se o desexades pero se queredes traela xa cuberta de casa e así aforrar tempo, aquí tedes o documento para que podades descargalo e cubrilo cómodamente.

Distribuir contido



by Dr. Radut