Achégase no documento adxunto as liñas que compoñen o transporte escolar. De acordo co artigo 1º do Decreto 203/1986, do 12 de xuño, polo que se regula provisionalmente determinados aspectos do transporte escolar: Terán dereito ao servizo de transporte escolar os alumnos de 2º ciclo de Educación Infantil, Primaria e ESO que teñan os seus domicilios fóra do núcleo urbano no que estea situado o centro e, en calquera caso, a unha distancia do mesmo superior aos 2 km.
Ademais, compre sinalar que, no presente curso escolar 2016/2017, non funcionará dito transporte nas seguintes paradas:
- A Cabana
- Someso
- Martinete-Someso
- Urbanización Birloque (no Martinete)
A Coruña, 8 de setembro de 2016
A dirección