Durante o presente curso no Colexio Alborada estase a realizar un Seminario de Formación do Profesorado que leva por título “Os Proxectos nas aulas de Educación Infantil” organizado polo C.F.R. de A Coruña.
Dentro das actividades programadas por este grupo de traballo, se contou coa colaboración dunha das especialistas de referencia en materia de ensinanza da lectoescritura, polas súas aportacións dende a óptica do construtivismo: Myriam Nemirovsky, Licenciada en Ciencias da Educación e autora de numerosos textos sobre o aprendizaxe da lectura e da escritura, destacando o seu libro “Sobre la enseñanza del lenguaje escrito… y temas aledaños” (Editorial Paidós)
Os membros do seminario permanente, a dirección do centro e o CEIP Alborada, brindaron a posibilidade de que un número limitado de Mestres/as interesado/as puidesen acudir e participar nestas sesións, que tiveron lugar os días 25 e 26 de febreiro do 2013, cunha gran acollida entre os docentes de A Coruña e arredores.
Grazas a todos pola vosa participación.