As dependencias do CEIP Alborada distribúense en catro andares.
Andar baixo
Nel están situados a sala de caldeiras, o ximnasio, a sala de usos múltiples onde teñen lugar as actuación, concertos..., o comedor escolar e patio cuberto. Neste nivel tamén se accede ao patio e pistas deportivas.
Andar principal
Engloba todas as aulas de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos). Ademais, de espazos comúns como aula de informática. Nesta planta tamén se sitúan as dependencias administrativas (Dirección, Xefatura de Estudos, Secretaría, Sala de Profesores/as, reprografía e Conserxería) e o despacho do Departamento de Orientación.
Primeiro andar
Agrupa aulas de Educación Primaria, laboratorio de idiomas, biblioteca e aula de relixión.
Segundo andar
Nela sitúanse a aula de lingua inglesa, aulas de educación musical, aulas de pedagoxía terapéutica, aula de audición e linguaxe, sala de reunións do claustro de profesores/as e consello escolar e unha aula de psicomotricidade.
Na Galería de fotos do colexio hai un álbum específico co título de Instalacións no que figuran fotos de varias das dependencias mencionadas neste artigo.