co motivo da celebración do día da prensa, onte, dentro do programa prensa-escola que se leva a cabo no centro, un grupo de alumnos de terceiro de Educación Primaria participou nunha charla co xornalista de "La Voz de Galicia" Fran Espiñeira.
mañá venres 2 de marzo o escritor Manuel Rivas visitará o noso colexio para realizar unha actividade didáctica de animación á lectura con libros da súa autoría.
o CEIP Alborada incorporou ó seu plan de convivencia a metodoloxía lego para previr casos de acoso e violencia escolar. Desde o centro queremos potenciar a educación emocional e as habilidades sociais para que os propios alumnos sexan capaces de resolver os seus conflitos. Trátase dunha iniciativa pioneira na nosa comunidade.
Estimadas familias, o día 24 de novembro celebraremos o día internacional contra a violencia de xénero. Ese día os alumnos/as poden traer algunha prenda de cor violeta. Ás 12:00 todo o alumnado do centro xuntarase no patio para facer dous círculos concéntricos (no centro estará E. Infantil, e ao redor E. Primaria) para cantar esta canción en gran grupo. Ademáis moveremos unha man tamén de cor violeta que faremos en educación artística.