Skip to Content

Transporte escolar, curso 2016/17

Inicio das clases. Entrada do alumnado de 1º Curso.

As clases comenzan o vindeiro luns 12 de setembro ás 9:00 horas.

Os alumnos/as de 1º curso de Ed Primaria entrarán, só o día 12, pola entrada principal, por onde accede o alumnado de Ed. Infantil, e dirixiranse ás mesmas aulas do curso pasado. Alí serán recollidos polos novos titores/as que os levarán ás aulas destinadas a Primeiro.

A saída será pola porta lateral que é a utilizada polo alumnado de Primaria.

Inicio de curso. Reunión coas familias.

Dende o CEIP Alborada dámosvos a benvida a un novo curso, esperando que pasárades unhas boas vacacións.

A continuación, lembramos as datas para as reunións coas familias do alumnado de Educación Infantil:

- EI 3 anos A, B e C: Martes 6 de setembro, ás 12:00.

- EI 4 anos A, B e C: Luns 19 de setembro, ás 16:30.

- EI 5 anos A e B: Luns 5 de setembro, ás 12:00.

- EI 5 anos C: Luns 3 de outubro, ás 16:00.

Prégase puntualidade.

Material didáctico para o curso 2016/17

Achéganse, no documento adxunto, os libros correspondentes a cada nivel para o seguinte curso, así como o material solicitado para 4º curso de Ed. Infantil (3 anos).

Excursión de Fin de Curso

Xa se poden ver na galería as fotos da saída a Marcelle.

Distribuir contido



by Dr. Radut