Skip to Content

Mandadiños do Meco

Xa temos de volta ao noso Meco e os seus mandados para a semana vindeira.

 

Achegádevos a coñecernos!!

Un ano máis queremos convidar ás familias a coñecer o noso centro.

O luns 21 de febreiro ás 17:00 teremos o noso día de portas abertas e queremos recibirvos coa máxima seguridade por iso agradeceriamos que, se queredes achegarvos a saudarnos e visitar o cole nos enviedes un email a ceip.alborada@edu.xunta.gal onde nos indiquedes o voso nome completo e un teléfono para poder poñernos en contacto se fose necesario.

Se algún de vós non pode acudir ese día, non deixedes de comentárnolo e trataremos de buscar un oquiño para recibirvos.

Aquí tedes máis información sobre o centro: (Premede na imaxe)

Conmemoramos o Día da Paz

Xa temos o leite de volta no centro!

Queridas familias:
Un ano máis tomaremos leite no cole.
Os pequenos e pequenas deben traer un vasiño que NON sexa de CRISTAL que levaran de volta a casa cada día para poder limpalo debidamente.
Se o desexan poder traer tamén un pouco de cacao ou similar (en envase individual ou xa metido no vaso se ten tapa, o cacao en ningún caso se deixará en clase).
Un saúdo.

Distribuir contido



by Dr. Radut