Skip to Content

PROGRAMA BOLSAS COMEDOR 2017-2018

Estimados pais/nais ou titores:

Hoxe 8 de maio de 2017, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2017-2018. O prazo para solicitalas será do 9 ao 30 de maio, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica(https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Reciban un cordial saúdo,

                 A directora,

                 Asdo.: Mª Consuelo Morales Gayoso



story | by Dr. Radut