Esta é a nosa mascota: SAUDÍN, un simpático brócoli que recibe aos nenos e nenas á entrada do comedor escolar.
Cando conseguen algún dos obxectivos marcados, os pequenos e as pequenas fanse unha foto con el.
Esta é a nosa mascota: SAUDÍN, un simpático brócoli que recibe aos nenos e nenas á entrada do comedor escolar.
Cando conseguen algún dos obxectivos marcados, os pequenos e as pequenas fanse unha foto con el.
O FOGAR DE SAUDÍN
O comedor escolar ten unhas funcións que exceden a estrita nutrición dos escolares, este servizo ten unha finalidade educativa, a través del pretendemos:
O noso comedor é un bo recurso para o desenvolvemento de habilidades individuais e sociais: utilización de garfos, comportamento correcto na mesa, lavado de mans, mastigar correctamente os alimentos, axudar aos que están a nosa beira...
Debido ao aumento de matrícula en educación infantil e á situación actual destes nenos, decidimos presentar un proxecto novo para o comedor.: “O fogar de Saudín: COME CON (n)RAZÓN”.
Pretende ser un modelo de comedor educativo no que destaquen a afectividade dos adultos que participan no comedor escolar, a adaptación ás necesidades e aos ritmos de cada neno, a elaboración de menús saudables e de calidade, a comunicación coas familias, e a motivación para que os nenos proben a través do diálogo e da razón.
OBXECTIVOS:
Co proxecto : “ O fogar de Saudín” pretendemos:
1-Fomentar a relación familia-escola, e a continuidade dos hábitos saudables no fogar:
- Coñecendo a situación de partida dos nenos, a través da reunión conxunta coas familias.
- Detectando posibles dificultades e buscando estratexias de solución.
- Incidindo na importancia do contacto permanente ao longo do curso, para avaliar os logros.
- Reforzando xuntos, positivamente, aos nenos.
2-Educar para a saúde, e para a vida: “Comemos o que aprendemos a comer”. Avanzando cara a inxesta de todo tipo de alimentos superando rabechas, prexuízos e manías.
3-Crear un ambiente saudable e agradable:
- Logrando un comportamento correcto na mesa.
- Intentando reducir o ruído, e fomentando o diálogo de forma distendida.
- Dándolle razóns para comer: COME CO(n) RAZÓN, e para probar novos sabores, reforzando o papel do colaborador como educador.
En canto aos menús:
* Basearemos a programación dos menús estacionais en produtos de temporada e de produción local.
* Vincularemos o horto coa cociña ( aproveitando a produción do noso horto escolar para o comedor).
* Preveremos o reaproveitamento dalgún alimento no menú do día seguinte.
* Seguiremos elaborando menús equilibrados nutricionalmente.
* Empregaremos técnicas culinarias variadas e saudables.
* Calcularemos as cantidades de comida dunha maneira equilibrada evitando sempre despilfarrar alimentos e recursos.
* Iremos introducindo progresivamente produtos ecolóxicos segundo o presuposto.
* Vincularemos o horto á cociña aproveitando a produción do mesmo para o consumo no comedor.
* Vincularemos a cociña ao horto a través da compostaxe.
* Promoveremos o consumo responsable de alimentos, de enerxía e de papel.
* Reduciremos o uso de auga.
* Reduciremos a cantidade de residuos aproveitando os botes de iogur, de natillas e os cartóns de leite para facer sementeiros.
* Promoveremos o uso responsable do transporte facéndolle os nosos pedidos aos provedores que estean máis preto.
* Prescindiremos do innecesario.
* As cantidades de comida serán equilibradas para evitar o despilfarro de recursos.
* Consumiremos alimentos ecolóxicos, de temporada e de proximidade.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
O modelo educativo que seguimos no comedor está vinculado ao proxecto educativo do centro, na medida na que pretendemos educar en valores, tales como a saúde, a convivencia, a responsabilidade, a autonomía, o respecto á diversidade, e o benestar.
Educación para a saúde:
Sentarse ben, co lombo recto e sen apoiar os cóbados nin a cabeza na mesa.
Desdobrar os panos e colocalos nos xeonllos , asegurándose de que saben darlle o uso correcto.
Utilizar ben os garfos, os coitelos, as culleres e os vasos.
Non xogar coa comida.
Mastigar coa boca pechada e sen facer ruído, non falando nunca coa boca chea.
Comer bocados pequenos, sen encher a boca e sen devolver a comida ao prato unha vez que foi mastigada.
Non beber atropeladamente, nin facer ruídos mentres beben.
Esperar que todos estean servidos para comezar a comer.
Non interromper aos compañeiros de mesa mentres están falando en voz baixa.
Non balancearse nas cadeiras.
Pedir as cousas por favor, dar as grazas, e desexarlle bo proveito aos compañeiros da mesa.
Non levantarse antes de que todos terminen de comer, e en caso de urxencia pedilo por favor.
Limpar a boca e as mans cos panos, e se fora necesario lavalas.
Educación para a convivencia:
Educación para o ocio e para o benestar:
No suplemento Xornal Escolar que publica o xornal LA REGIÓN cada mércores, saiu publicado este mércores, 2 de decembro, unha reportaxe sobre o noso comedor escolar, sobre as adaptacións realizadas por mor da pandemia que estamos padecendo e as opinións dos alumnos e alumnas sobre este servizo:
-- XORNAL ESCOLAR 2 DECEMBRO: UN RESTAURANTE 5 ESTRELAS
Na canle de televisión TELEMIÑO, o pasado 5 de decembro, saiu tamén a reportaxe realizada a principios de curso sobre o noso comedor escolar:
MENÚ PARA O CONFINAMENTO
Xa que durante estas semanas non podemos estar xuntos no comedor, aquí vos deixamos un menú para alimentar non o corpo, senón a mente e o corazón.
-Primeiro prato: sopa de ánimo. Sabemos que a vosa favorita é a de estreliñas, pero durante este tempo, en vez de comelas imos saír cada noite ao balcón, á terraza ou á fiestra para ver estreliñas fermosas cinco minutos antes de deitármonos.
-Segundo prato: patacas fritas con filete de solidariedade e leituga. Solidariedade para axudarlles a nosa nai e ao noso pai nas tarefas da casa, para que eles poidan seguir atendendo as súas responsabilidades. Tamén temos que ser solidarios cando eles están tristes ou preocupados polo seu traballo, ou cos avós cando están inquedos por medo a enfermar, ou cos irmáns cando precisan silencio para estudar.
-Sobremesa: a torta de chocolate da avoa, ou do avó. Se os nosos avós viven connosco, podemos cociñar con eles este prato. E se residen noutro lugar, e non podemos visitalos ata que remate o confinamento, temos que buscar e ensaiar a receita para que, cando poidamos ir a súa casa ou á residencia na que viven, lles levemos este doce.
Este menú queremos servilo coas mensaxes de cariño, e de esperanza dos membros do equipo do comedor escolar.
Bo proveito queridos nenos e queridas nenas.
O comedor escolar ten unhas funcións que exceden a estrita nutrición dos escolares, este servizo ten unha finalidade educativa, a través del pretendemos:
1. Proporcionar unha alimentación de calidade adaptada ás necesidades e ás características dos escolares.
2. Ensinar as pautas dunha dieta equilibrada.
3. Educar aos cativos en hábitos de alimentación sans, solidarios e responsables.
4. Educar en normas e en valores ( respecto, solidariedade, coidado da saúde, responsabilidade co medio ambiente...).
5. Ensinarlles aos nenos a comer e a relacionarse de maneira positiva.
O noso comedor é un bo recurso para o desenvolvemento de habilidades individuais e sociais: utilización de garfos, comportamento correcto na mesa, lavado de mans, mastigar correctamente os alimentos, axudar aos que están a nosa beira...
OBXECTIVOS DO COMEDOR 6S:
Pretendemos que o noso comedor sexa un recurso educativo:
SENSIBLE: Ao responder ás necesidades de cada cativo, partindo da súa situación e buscando solucións adaptadas á realidade de cada neno dietas especiais, dificultades para inxerir algúns alimentos, hábitos adquiridos... Para elo contamos cun menú xeral e con varios menús específicos: sen glute, sen ovo, sen leite, e hipocalórico, con varias actividades de reforzo que animarán aos nenos a que proben novos sabores, e cun equipo de colaboradores ilusionados e comprometidos con este proxecto. |
|
SAUDABLE: Proporcionándolles unha alimentación equilibrada, saudable e variada. |
|
SOLIDARIO: Fomentando comportamentos de axuda e de cooperación entre iguais. |
|
SILENCIOSO: Intentando que aprendan a controlar o ton de voz, e a respectar o tempo no que hai que estar en silencio, para comentar os logros de cada día e para pasar lista e organizar a incorporación ás actividades. |
|
SORRINTE: Creando un ambiente agradable para todos. |
|
SOSTIBLE: Ensinándolle aos nosos nenos a comer de maneira responsable, saudable e respectuosa co medio ambiente. |
Este ano centrarémonos na consecución do último obxectivo, un comedor sostible, ao considerarmos que os 5 obxectivos anteriores: saudable, solidario, silencioso, sorrinte e sensible, xa foron adquiridos ao longo de varios cursos ,e que os nenos os teñen interiorizados nun grado óptimo. Para elo seguiremos desenvolvendo as accións que xa puxemos en marcha ao longo dos cursos anteriores, combinándoas con outras que intentaremos desenvolver ao longo deste curso:
Fomentar e favorecer a incorporación de alimentos ecolóxicos, frescos, do entorno e de temporada.
Introducir o consumo ecolóxico de alimentos progresivamente.
Promover o consumo responsable: preparando e servíndolle aos cativos cantidades de comida equilibradas para evitar o despilfarro de recursos.
Reducir o consumo de panos.
Aproveitar a auga de lavar patacas, verduras, hortalizas …para regar as plantas do interior.
Empregar os restos do comedor para abonar o horto.
Aproveitar a comida que sobra para as familias, da nosa comunidade educativa, que teñan peor situación económica.
Consumir as verduras e as hortalizas que cultivamos no horto no comedor, tratadas unicamente con métodos ecolóxicos.
Comprar alimentos baseados en criterios de cercanía, buscando sempre ao provedor que estea máis cerca da escola.
OS COLABORADORES:
Consideramos que no funcionamento deste servizo, o COLABORADOR ou COLABORADORA é unha figura esencial na atención educativa, apoio e vixilancia.
O/a colaborador xoga un papel fundamental no control e na supervisión da inxesta de alimentos, así como en aspectos relacionados cos correctos hábitos alimentarios, hixiénicos e de comportamento na mesa.
Mensualmente celebraremos reunións co equipo de comedor para avaliar o funcionamento deste servizo e buscar propostas de mellora.
NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR:
Baseándonos no anterior todo o alumnado do centro que utilice o servizo do Comedor Escolar deberá aterse ás seguintes normas:
1. Dentro do comedor rexen as mesmas normas que en todo o centro no relativo a que se debe camiñar (non correr) e falar nun ton de voz adecuado. |
2. Cando os nenos entren ao comedor dirixiranse a súa mesa e agardarán sentados a que se lles sirva a comida. Ninguén se levantará ata que saia o grupo que lle corresponde. |
3. Todos os usuarios e usuarias do comedor deben adaptarse aos menús existentes no servizo de comedor escolar. Unicamente estarán exentos/as de determinados menús: 3.1. o alumnado que conte cun informe médico. Neste caso entregaráselle ao colaborador o menú especial para estes nenos. 3.2. O alumnado ao que non lle permitan as súas crenzas relixiosas tomar algún dos alimentos que están no menú. |
4. Os nenos terán que comer todos os pratos do menú escolar . |
5. Non está permitido sacar fora do comedor ningún tipo de comida (sobremesa, froita,pan, etc.) |
6. Antes de entrar ao comedor escolar os nenos poderán ir ao baño. Cando estean dentro do comedor non poderá saír para ir ao baño, salvo caso de extrema necesidade e previa comunicación aos colaboradores. |
7.Ningún neno poderá saír do comedor escolar sen rematar de comer todos os pratos do menú. |
8. Durante o período de comedor escolar o alumnado deberá acudir ao persoal aos colaboradores para resolver os conflitos puntuais que se produzan. |
ORGANIZACIÓN DO COMEDOR E NORMAS PARA OS COLABORADORES
- Cada colaborador ocuparase ao longo de todo o curso do mesmo grupo de nenos, co fin de que os coñeza mellor e poida atender as súas peculiaridades e necesidades.
- En cada grupo teremos nenos dos distintos niveis educativos, co fin de que cooperen entre eles.
RECURSOS
Para fomentar os comportamentos idóneos dos nenos no comedor ( comer de todo, probar o que non lles gusta, falar cun ton de voz axeitado, manter bos hábitos de orde e de hixiene, establecer relacións positivas entre eles e cos adultos), empregaremos os seguintes recursos:
Reforzo positivo: Puntos ( saudables, solidarios, silenciosos, sostibles e sorrintes). Cada día entregarémoslle un punto aos nenos que cumpran todos os obxectivos, ou que melloraron en algo ( probar un alimento que non lles gustaba, falar cun ton de voz baixo, cooperar cos máis cativos) . Cando consigan 6 puntos terán un premio sostible e saudable.
O Rei da mesa: Aos nenos de educación infantil colocarémoslle unha coroa e farémoslle unha foto a medida que vaian mellorando na consecución algún obxectivo.
Felicita que algo queda: Aqueles nenos que acaden todos os obxectivos serán os protagonistas da semana. En cada zona os venres proporemos un neno para mandarlle unha felicitación a casa polo seu bo comportamento, e farémoslle unha foto, que colocaremos no taboleiro do “protagonista da semana”.
Mascotas viaxeiras: Os nenos que acaden algún obxectivo novo poderán levar as súas casas as mascotas viaxeiras cunha nota informativa para as familias.
Ao entrar abre a ilusión, ao saír pecha o orgullo: A través desta actividade todos os días os nenos e os adultos poderán manifestar os motivos polos que se senten orgullosos de alguén.
UN COMEDOR 4S A educación para a saúde na escola é un reto que se está convertendo nun dos obxectivos de moitos centros escolares dende a última década do século XX. A alimentación humana é un dos asuntos de maior relevancia e actualidade, tanto dende o punto de vista educativo, como dende unha perspectiva social, por iso require unha atención especial por parte dos profesionais dos diferentes niveis educativos. O comedor escolar forma parte do contexto educativo, polo que a través del deben de poñerse marcha estratexias para estimular aos nenos cara a adquisición dunha alimentación correcta e duns hábitos e valores adecuados. O comedor escolar é un recurso moi interesante para promover bos hábitos cara un mesmo e cara os demais. Os principais obxectivos que pretendemos acadar mediante unha intervención educativa no comedor están relacionados coas catro palabras clave que lle dan nome propio ao noso comedor : un comedor 4S: - SAUDABLE: Ao proporcionarlle aos usuarios unha comida de calidade , garantindo unha dieta equilibrada e variada. - SOLIDARIO: Capaz de promover nos cativos actitudes positivas cara eles mesmos, aprendendo a coidar da súa saúde; e cara os demais fomentando a cooperación, a responsabilidade e a solidariedade. - SILENCIOSO: Favorecedor de comportamentos adecuados de convivencia. - SORRINTE: Creando un espazo de convivencia agradable e cómodo, no que todos nos sintamos a gusto. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NO NOSO COMEDOR No noso comedor atendemos ás características do alumnado: idade, historia persoal, diversidade cultural, capacidade de inxestión, ritmos, etc, intentando darlle a resposta adecuada a cada situación.
AVALIACIÓN
|
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |