Por sexto ano consecutivo (e xa o último desta modalidade de convocatoria) o noso centro participa no PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA NAS ESCOLAS.
O obxectivo do mesmo é o de promover o consumo de froita e verduras entre os nenos/as para contribuír á adquisición de hábitos saudables, reducir a obesidade e enfermidades asociadas. O plan, posto en marcha pola Unión Europea en colaboración cos Estados membros interesados na iniciativa, comezou no curso 2009-10 e o noso centro adheriuse ao mesmo nos cursos 2011-2012, 2012-13, 2013-14, 2014-15 , 2015-16 e 2016-17. Sendo este curso o último deste plan xa que o vindeiro curso abrirase unha nova modalidade na que se incluirán ademais os produtos lácteos.
CURSO 2016- 2017
Coma en anos anteriores, a Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do FOGGA, concedeunos este curso unha nova subvención para repartir ao longo dunha semana completa, en varios períodos de reparto, froita fresca aos nosos alumnos/a.
Estes son os períodos concedidos e as froitas repartidas:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
Semana do 16 ao 20 de xaneiro | Mazá | Plátano | Mandarina | Pera ecolóxica |
Plátano ecolóxico |
Semana do 20 ao 24 de febreiro |
Mazá |
Mandarina | Pera | Ameixa | Plátano ecolóxico |
Semana do 20 ao 24 de marzo | Mandarina | Mazá | Ameixa | Pera | Plátano ecolóxico |
O reparto facémolo na hora do recreo, os cativos/as de Educación Infantil fano na aula, un pouco antes de saír ao patio. Os nenos/as de Educación Primaria fanno ao baixar ao patio, na zona da entrada traseira. Destacar que no noso centro, ademais destes períodos de reparto subvencionados, na hora do recreo sempre repartimos unha pequena parva ou merenda a base de iogures, bocadillos, leite con madalenas ou froita (2 ou 3 veces por semana).
Este curso destacamos como novidade a introdución no reparto de froita ecolóxica.
REPARTO DE FROITA NA SEMANA DO 20 AO 24 DE FEBREIRO DE 2017
LUNS: MAZÁ
MARTES: MANDARINA
MÉRCORES: PERA
XOVES: AMEIXA
VENRES: PLÁTANO ECOLÓXICO
CURSO 2015- 2016
Estes son os períodos concedidos para este curso e as froitas repartidas en cada un dos períodos:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
Semanado 16 ao 20 de novembro | Plátano | Mazá | Pexego | Pera |
Mandarina |
Semana do 18 ao 22 de xaneiro | Plátano | Mandarina | Pera | Ameixa | Mazá |
Semana do 15 ao 19 de febreiro | Mandarina | Pera | Mazá | Ameixa | Plátano |
Semana do 7 ao 11 de marzo | Plátano | Mazá | Ameixa | Mandarina | Pera |
REPARTO DE FROITA NA SEMANA DO 18 AO 22 DE XANEIRO DE 2016
LUNS: PLÁTANO
MARTES: MANDARINA
MÉRCORES: MAZÁ
XOVES: AMEIXA
VENRES: PERA
CURSO 2014- 2015
Estes son os períodos concedidos para este curso e as froitas repartidas en cada un dos períodos:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
Semanado 1 ao 5 de decembro | Mandarina | Mazá | Pera | Plátano |
Zume de laranxa, mazá e cenoria |
Semana do 12 ao 16 de xaneiro | Mandarina | Plátano | Mazá | Pera | Plátano |
Semana do 2 ao 6 de febreiro | Plátano | Mandarina | Mazá | Pera | Plátano |
Semana do 2 ao 6 de marzo | Mandarina | Mazá | Pera | Mazá | Plátano |
REPARTO DE FROITA NA SEMANA DO 2 AO 6 DE MARZO DE 2015
LUNS: MANDARINA
MARTES: MAZÁ
MÉRCORES: PERA
XOVES: MAZÁ
VENRES: PLÁTANO
Na páxina web alimentación.es do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio ambiente tedes máis información sobre o plan, premede na seguinte imaxe para acceder á mesma.
E tamén vos deixamos aquí o enlace ao "Frutijuego", para xogar, aprender e repasar o que sabedes sobre as froitas e verduras.