EDLG: Actividades

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

Premendo na seguinte imaxe podedes ver as actividades que levamos a cabo pola semana das letras

O COFRE DAS PALABRAS VIAXEIRAS

Velaquí vos presentamos o dicionario dixital plurilingüe elaborado coas investigacións feitas polo alumnado para traducir aos idiomas dos países que traballaron durante o curso grazas ao proxecto de centro “Unha viaxe polo mundo” as palabras en galego propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en conmemoracións sinaladas como Samaín, Magosto, Nadal e Entroido.

Agardamos que vós guste tanto coma a nós! 

 Dicionario Cofre Das Palabras Viaxeiras

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE E DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA

Co gallo da conmemoración, no mes de abril, do Día Mundial da Saúde (día 7) e o Día da Actividade Física (día 6), os equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega propuxeron ao alumnado de primaria investigar sobre “xogos tradicionais” preguntando nas súas casas ao avó, avoa, tía, tío, nai, pai, veciños-as... a que xogaban de cativos e cativas para cubrir unha ficha na que se recolle o nome do xogo, material, participantes, instrucións e unha foto ou debuxo do xogo. O resultado podédelo visualizar nesta mesma publicación convertido nunha revista dixital. Na biblioteca do centro quedou o exemplar impreso. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.

 Revista Dixital Xogos Populares

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2024

Nesta ocasión o Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxo ao alumnado que nos contara cal é o seu libro favorito. Aos máis cativos-as entregóuselles unha ficha na que tiñan que debuxar o libro elixido mentres que aos/ás máis maiores se lles pediu que fixeran un pequeno resumo do libro que máis lles gusta. Nesta publicación podedes ver o resultado do gran traballo que fixeron convertido nunha revista dixital coas súa recomendacións lectoras. Na biblioteca queda a versión impresa.

 Revista Dixital Dia Do Libro

 
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!
Ademais desta actividade tamén levamos a cabo o apadriñamento lector que tanto lle gusta ao alumnado. Que ben o pasan lendo uns aos outros diversos contos seleccionados da biblioteca. 

Conmemoramos o Día Internacional da Muller

 

O EDLG, en colaboración co equipo de biblioteca, propuxo para a conmemoración do Día internacional da muller (8M) un divertido xogo que axudou a que os rapaces e rapazas do centro coñeceran un pouco máis ás mulleres traballadoras do mesmo. Trátase dun Quen é quen titulado “As mulleres do meu cole”. 

 Na biblioteca colocamos un panel con fotos de cativas de mulleres traballadoras  do centro que voluntariamente se prestaron a participar (mestras, persoal de limpeza, persoal non docente) no xogo. A través dun código QR o alumnado accedía a unhas pistas (un genially) que lles axudaron a descubrir de quen se trataba.

 

O venres 22 de marzo tivemos acceso á solución do xogo e soubemos tamén cal foi a aula que máis acertos tivo obtendo así o diploma “Á mellor clase de detectives do 8M” xunto cun pequeno agasallo, un xogo para a aula en galego. 

 Por outra banda, aproveitando que o alumnado do centro está a viaxar por diferentes países grazas ao PDI deste curso “Unha viaxe polo mundo”, pedímoslles que investigaran sobre algunha muller relevante do seu país co que fixemos unha pequena exposición na entrada do colexio.

Por último, coas fichas técnicas que cubriron coa información das mulleres sobre as que investigaron, e xa que coincidía tamén a semana da prensa, fixemos unha revista dixital á que podedes botar unha ollada nesta mesma publicación. 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o Día de Rosalía recitando o seu poema ADIOS RÍOS, ADIOS FONTESr, mentres montabamos un póster coa súa imaxe onde cada peza foi decorada nas distintas aulas dando unha apariencia diversa e creativa.

Premendo na seguinte imaxe podedes ver a creación do póster

u

 

O ENTROIDO NO COLEXIO

O pasado 9 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole, cun desfile, no que para seguir o fío do noso proxecto de centro, viaxamos polo mundo. Isto axudounos a aprender un pouco máis da cultura de cada un dos lugares sobre os que estamos traballando nas aulas.

 

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2023

O pasado venres 10 de novembro festexamos o magosto no colexio, gozando dunha xornada de xogos populares organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Contamos coa colaboración do alumnado de 6º de EP que dinamizou cada un dos xogos.

Xogamos, bailamos e ramatamos cun xantar enxebre no mesmo patio: bocata de chourizo e castañas asadas na fogata que nós mesmos fixemos.

Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas remataron a xornada pintándose cos tizóns.

  

 

Powered by Drupal - Design by artinet