Curso 2018-19

REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO" 2018-19

Xa temos aquí o último número da nosa revista escolar anual O FORMIGUEIRO, botádellle unha ollada!!

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: A PRIMAVERA

Este é resultado do concurso de fotografía sobre A PRIMAVERA, que convocou o equipo de METEOESCOLAS:

1º PREMIO: "A CERDEIRA DOS AVÓS EN PRIMAVERA" - Xián Almeida López de 1º EP 

2º PREMIO: "O MUNDO AO REVÉS" - Zoe González Martínez de 2º EP

3º PREMIO: "BROTES DE PRIMAVERA" - Paula Manzanares Cortón de 3º  EP

Podedes ver as fotografías gañadoras e todas as presentadas na seguinte presentación:

LETRAS GALEGAS 2019

A celebración das LETRAS GALEGAS foi este ano dedicada á figura de ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, defensor da lingua e da cultura galega. No colexio quixemos renderlle a nosa pequena homenaxe coa celebración dun festival o pasado 16 de maio. Escoitamos cantigas que recolleu na súa famosa obra Aportacións ó Cancioneiro de Cotobade, o famoso casamento da pulga (peza tamén recollida no citado cancioneiro), algunha canción inspirada nalgún episodio da súa vida e outras cancións e ritmos máis modernos.

Na seguinte presentación podedes ver os vídeos das diferentes actuacións: 

(PREMEDE NOS SÍMBOLOS  E PASADE AS DIFERENTES PÁXINAS)

AVALDÍA 2018-19

Nas seguintes circulares informamos:  primeiro sobre a AVALIACIÓN INDIVIDUALIZA DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA que se realizará en todos os centros educativos de Galicia:

 

E segundo sobre a AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA que só se celebra en determinados centros, sendo este curso o noso colexio un dos seleccionados:

REFORESTACIÓN NO MONTE DE PALMÉS

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil e de 6º de Educación Primaria realizaron o 3 de maio unha saída aos montes de Palmés para realizar unha reforestación en zonas nas que houbera incendios en anos pasados. Para elo contaron coa axuda do axente forestal Pepe Santos, que xa estivera no noso centro falando precisamente dos incendios forestais, como vos contamos no seu día. Pero non só plantaron árbores, fixeron e aprenderon moitas máis cousas que nos explican no blog de VOZ NATURA. 

Premede nas imaxes:

No xornal LA VOZ DE GALICIA fixéronse eco desta saída:

 

ACTIVIDADES NO CENTRO ACOUGO

Un estupendo día pasaron os alumnos e alumnas de educación infantil o pasado 14 de maio no centro de ocio e actividades na natureza ACOUGO situado no concello de Vilamarín (Ourense). Ali realizaron diversas actividades: montaron en tirolina, pasearon en barca, descubriron e déronlle de comer aos animais (galiñas, parrulos, galos, cabras, ovellas...), practicaron o equilibrio no slackline e xogaron e gozaron na natureza nun día especial e lúdico no que compartiron a ledicia de estar e xogar todos xuntos. 

 

 

SESIÓNS DE CONTACONTOS CON SABELA GAGO

Unha vez máis recibimos no noso centro a visita da estupenda contacontos SABELA GAGO que deleitou nunha primeira sesión aos pequenos e pequenas de 1º e 2º de primaria e nunha segunda ao alumnado de 3º e 4º de primaria. Xogar coa imaxinación é a poderosa arma que emprega Sabela nas súas sesións que encantan aos nenos e as nenas que interactuando con ela expresan estados de ánimo, emocións... pasando uns momentos inolvidables. 

Se queredes saber máis sobre esta actividade premede nas imaxes, no blog da biblioteca escolar tedes máis información:

TALLERES PROGRAMA LEITE E OS PRODUTOS LÁCTEOS

Este curso tamén participamos no PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE que patrocina a Unión Europea en colaboración cos distintos estados membros interesados na distribución destes produtos nos centros escolares para promover o seu consumo e contribuír á promoción de hábitos saudables, á disminución da obesidade e enfermidades asociadas.

Dentro das medidas de aompañamento que se desenvolven para a promoción e difusión deste programa, realizáronse no centro o día 10 de maio uns obradoiros específicos sobre o consumo de leite e os produtos lácteos. Concretamente realizaronse dous talleres: 1 para o alumnado de 2º de primaria e outro para o alumnado de 5º de primaria. 

Os obradoiros tiveron unha parte máis teórica onde os nenos e nenas coñeceron á vaca Lucy que lles falou da familia dos lácteos e do proceso de produción do leite e dos produtos lácteos. Tamén lles explicaron a importancia de levar uns hábitos de vida saudable incluíndo tres racións de lácteos ao día. Os alumnos e alumnas tamén comentaron coa monitora os seus coñecementos sobre estes produtos e a frecuencia de consumo nas súas casas. 

A continuación realizaron unha parte práctica na que os nenos e nenas completaron fichas e realizaron algún xogo. 

 No seguinte enlace tedes máis información sobre o programa e a implicación coas familias:

- Díptico para as familias

- Lucy e a pandilla láctea

- De onde procede o leite?

- Tres lácteos ao día 

Aquí tamén podedes acceder a páxina da vaca Lucy con diferentes actividades e xogos:

DISFRUTA CON LUCY E OS LÁCTEOS  

ENCONTRO COA AUTORA LEDICIA COSTAS

O pasado 2 de maio a escritora LEDICIA COSTAS estivo no noso centro para asistir a un encontro cos alumnos e alumnas de 5º e de 6º de Educación Primaria. Ledicia, unha das mellores escritoras actuais de literatura infantil e xuvenil en galego, quixo comentar cos nenos e coas nenas aspectos das súas obras, sobre todo das que estes xa leran: AS PERICIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ e ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA. 

No blog da biblioteca escolar tedes máis información, premede na seguinte imaxe:

 

CHARLAS SOBRE SAÚDE BUCODENTAL

Unha boa hixiene bucodental é un hábito que debemos adquirir dende pequenos para evitar enfermidades relacionadas coa boca e cos dentes e para ter tamén unha boa imaxe persoal. Co fin de fomentar no alumnado este hábito relacionado coa sáude participamos nunha charla impartida por un especialista aos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Esta charla, patrocinada polo Concello de Ourense, celebrouse no centro o día 29 de abril. 

Os principais obxectivos desta charla son:

  • Conseguir que os alumnos coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia podan evitar enfermedades bucodentales posteriores.
  • Realizar un correcto cepillado dos dentes
  • Identificar as principales partes da boca e seu utilidade
  • Descubrir os principais amigos  inimigos da saúde bucodental
  • Recoñecer e evitar os alimentos carioxénicos
  • Recoñocer que o fluor aumenta a resistencia do esmalte bucodental
  • Recoñecer ao dentista como o profesional que coida da saúde bucodental

                                       (senopse extraída da páxina de educación do Concello de Ourense)

Ao longo da charla os nenos e nenas aprenderon a realizar un correcto cepillado dos dentes e da boca (empezando pola cantidade de pasta a empregar, que parte da nosa boca debemos limpar primeiro, como se emprega o cepillo...) Coñeceron tamén varios  aspectos sobre os dentes, sobre todo a diferencia entre os dentes de leite que lles van caer e os de adulto, cales eran os diferentes tipos de cepillos e como elexir o mellor, o emprego de colutorios, a importancia que ten unha alimentación saudable evitando lambetadas, azúcares...que son os que máis atacan aos nosos dentes producindo a carie. 

Os nenos estiveron moi atentos ás explicacións, tamén participaron seguindo as indicacións do especialista e fixeron unha morea de preguntas e observacións sobre o tema. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet