Curso 2016-17

FESTA FIN DE CURSO 2017

Para rematar este curso 2016-17 a ANPA do centro celebrou a xa tradicional festa de fin de curso. O venres, 23 de xuño, todos os alumnos e alumnas do colexio pasárono fenomenal coas actividades programadas: primeiro unha exhibición de patinaxe a cargo dos nenos e nenas que ao longo do curso acudiron a actividade de patinaxe: menudos artistas!!. Logo comezo da gran festa cos inchables de auga, as sesións de maquillaxe e a festa da escuma!!  Un gran éxito unha vez máis. Con esta pechamos as actividades realizadas neste curso. Agora toca descansar e coller forzas para empezar en setembro cheos de enerxía!! 

GRADUACIÓN INFANTIL: PROMOCIÓN 2014-17

Xa podedes visualizar as fotos da GRADUACIÓN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º de EDUCACIÓN INFANTIL celebrada o pasado 21 de xuño, con esta celebración remataron a primeira etapa da súa andaina escolar no centro. PARABÉNS a todos polo traballo realizado e desexámoslles o mellor na nova etapa que comezarán en setembro. 

 

GRADUACIÓN 6º INFANTIL

O vindeiro mércores, 21 de xuño, ás 10:00 da mañá terá lugar no salón de actos do colexio un pequeno acto onde celebraremos a graduación dos alumnos de 6º de infantil (5 anos). Despois de tres anos na etapa de infantil, comezarán con ilusión o vindeiro curso unha nova etapa no cole, que esperamos sexa tan positiva como a que agora rematan. 

Todas as familias dos nenos de 5 anos estades invitadas a asistir a este acto. CONTAMOS COA VOSA PRESENZA!! 

 

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O pasado 31 de maio tivemos unha visita moi especial: Montserrat Liceras, compoñente do grupo musical XESTREU e nai de dous nenos do noso cole, Manuel e Mateo de 4 anos, estivo no noso centro para darnos unha clase moi especial.

Como na clase de 4 anos estiveron traballando no proxecto ÁFRICA, Montse veu ensinarlles instrumentos e cancións africanas as que acompañou con outras do noso folclore. 

Á actividade uníronse todos os alumnos de educación infantil que coñeceron como se pode facer música cunha botella, con cunchas, con axóuxeres... e cantoulles cancións acompañada pola pandeireta ou polas claves (dous paus cilíndricos de madeira)... Foi unha magnífica lección na que os nenos tamén participaron activamente, seguindo o ritmo da música e cantando. Finalmente tamén quixeron tocar eles mesmos os instrumentos traídos por Montse.

Xa na clase, os nenos e nenas de 4 anos seguiron tocando en grupo os distintos instrumentos que tiñan na aula e que foron aportados polas familias ao longo deste trimestre, no cal estiveron traballando diferentes aspectos sobre a cultura, forma de vida, animais... do continente africano.  

Só nos queda dar as grazas a Montse pola súa colaboración e desexarlle moitos éxitos co seu grupo musical XESTREU e co seu disco NON ME TOQUES A SAIA!!, o cal vai acompañado dunha campaña contra a violencia de xénero. 

Se queredes saber algo máis sobre XESTREU e sobre a estupenda labor que levan a cabo picade na seguinte imaxe:

VISITA MARCELLE 2017

O pasado 30 de maio, os pequenos e pequenas de 4 e 5 anos realizaron unha visita ao PARQUE ZOOLÓXICO de MARCELLE NATUREZA que se atopa en OUTERIO DE REI (LUGO). Este parque márcase como obxectivo: "Educar para protexer a fauna silvestre e conservar a natureza. Protexer a biodiversidade é o único modo de asegurar o noso futuro, todos dependemos da natureza e formamos parte dela" (Sinopse extraída da páxina web do parque). 

Con este fin desenvolven programas educativos dirixidos a concienciar e sensibilizar aos nenos movitándoos para coidar e conservar a biodiversidade. 

Despois dunha divertida viaxe en autobús, alí os nenos disfrutaron en plena natureza dun día cheo de emocións: observaron os distintos animales que viven no parque e o seu contorno, coñeceron moitas características dos mesmos, visitaron a reserva, fixeron obradoiros e como non, tamén tiveron o seu merecido descanso e xantar. Na seguinte presentación podedes ver algúns dos momentos desta visita, que significou ademais para eles disfrutar da compañía mutua nun día especial fóra das aulas. 

 

GATUXO

O pasado martes, 23 de maio, todo o alumnado de Educación Infantil acudiu ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar o espectáculo músico-teatral titulado GATUXO, de MAGÍN BLANCO, músico ourensán, acompañado de Jorge Juncal, María Faltri e a actriz Raquel Queizás.

Gatuxo é un espectáculo, dirixido aos máis cativos, fusión de música, cantigas, teatro, contacontos, clown, manipulación de obxectos e claqué interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz, que mesmo farán de pallasos, cantarán cantigas ou bailarán claqué.   

"Un bebé sae dunha caixa e a través dela van xurdindo xogos con que se descobre a si mesmo: o seu primeiro sorriso, os seus sons, os pés, o arrincar a gatear... Diferentes espazos amosan a descuberta do mundo na vida cotiá". (Sinopse extraída da páxina web de Actividades Escolares AFUNDACIÓN). Gatuxo é unha metáfora do crecemento dos nenos e das nenas e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística. 

(Premede nas imaxes para acceder á galería de fotos) 

LETRAS GALEGAS 2017

O pasado 19 de maio rematamos a semana adicada as LETRAS GALEGAS cun pequeno festival onde os nenos e nenas de todos os cursos demostraron as súas habilidades como cantantes, actores, bailaríns, rapeiros... . Foi a culminación do traballo desenvolvido nas aulas, ao longo de varias semanas, onde se traballaron as propostas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Equipo da Biblioteca Escolar. Este ano tivo unha especial relevancia a figura do autor homenaxeado este 2017: CARLOS CASARES MOURIÑO, escritor ourensá, que non se esqueceu dos máis pequenos e escribiu varias obras para eles, entre elas AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS, obra teatral que escenificaron con monicreques de papel un grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria. 

 

L

E

T

R

A

S

 

G

A

L

E

G

A

S

 

2

0

1

7  

 

Premede na imaxe para acceder ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para ter máis información e ver a galería de fotos

I CONCURSO: FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA

Xa temos aquí o resultado do I CONCURSO FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA. Presentáronse ao mesmo 29 fotografías nas que se recollen distintas paisaxes nas que destaca algún meteoro: o arco da vella, a néboa, a choiva, a xeada... ou simplemete o estado do ceo: con nubes, coa luz do amencer, coa do atardecer... Todas as fotos destacaron pola súa gran calidade, debido a isto, todos os participantes foron agasallados cun diploma e un libro. E como a selección da mellor foto foi complicada, seleccionáronse catro finalistas e destes saiu a fotografía gañadora.

Estes son tres dos finalistas:

O DESPERTAR DA NÉBOA NO ALTO DE OURENSE

ДАНИЭЛА РОДРИГЕС - 3º EP

МОРОЗ В РОЗАХ

АНХО МЕНА - 6º EP

ВОЛШЕБНАЯ РАДУГА 

АРИАДНА ТРОНКОЗО - 1º EP


И это победившая фотография, на которой можно увидеть Торрес-ду-Пино нашего района, выглядывающего из моря тумана, как указывает его название:

 

                                    МОРЕ ТУМАНА

               НИКОЛАС ВАСКЕС РОДРИГЕС - 6º ED. ДЕТИ

 

Если вы нажмете на следующую ссылку, вы можете увидеть все представленные фотографии:

ФОТОГРАФИЯ МЕТЕОРОЛОГИЯ

А в следующей презентации вы можете увидеть время церемонии награждения, которая состоялась в минувший понедельник, 22 мая, в конце празднования Дня галицкой литературы:

 

  

<

test

CHARLA NAVEGA CON RUMBO

Un ano máis participamos nunha nova edición do PLAN NAVEGA CON RUMBO, concretamente na súa VII edición. Este plan de colaboración entre a Consellería de Educación e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) pretende "concienciar ao alumado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e das redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura".

O martes, 16 de maio, acudiu ao noso centro, Lorena Otero Cerdeira, enxeñeira en informática, para dar unha charla ao alumado de 5º e 6º de primaria dentro do citado plan. Na mesma tocou diversos temas en relación coa navegación por internet: empezou por explicar que é internet e que nos permite facer, o bo ou mal uso da rede, perigos en internet (a nomofobia, hoax, estafas, apps falsas, phishing, wifis abertas, grooming, ciberbullying...) Despois deu unha serie de consellos útiles para unha navegación segura e responsable, tanto nas redes sociais coma consellos para o uso do móbil.

Ao longo de toda a charla foi interactuando con todo o alumnado, aclarando as súas dúbidas e respostando as súas preguntas e, indicándolles como debían proceder ante calquera ameaza ou acoso... tamén empregou diversos vídeos que exemplificaban algunhas das situacións explicadas. Deste xeito a charla, ademais de interesante e formativa, resultou moi amena e entretida. 

 

No seguinte enlace podedes consultar unha lista de páxinas webs relacioanadas co tema da seguridade en internet e que nos foi facilitada por Lorena:

NAVEGA SEGURO POLO CIBERESPAZO

E estes son algúns dos vídeos visionados durante a charla:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet