I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE DO 18 AO 25 DE NOVEMBRO |
|
IGUALDADE NA DIVERSIDADE CEIP P. ALBINO NÚÑEZ |
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES LUNS, 18 - Charlas e obradoiros impartidos por Tatiana (Orientadora do centro) e Idoya (mestra de PT) ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. MARTES, 19- Charlas e obradoiros para o alumnado de 5º e 6º de primaria. MÉRCORES, 20 - Contos para a igualdade e o respecto á diversidade. Con libros seleccionados sobre o tema faranse sesións de lecturas e/ou contacontos por cursos. XOVES, 21 - Sesións de cine con proxección en cada curso de curtas ou películas. VENRES, 22 - Música, baile e cancións nunha celebración conxunta para reinvindicar a "igualdade na diversidade". |