A sensibilización cara o coidado do medio ambiente é un dos valores que tratamos de fomentar no noso alumnado a través do noso proxecto de Voz Natura, do coidado da horta escolar e a través de diferentes actividades como a que tivo lugar o pasado 1 de abril no colexio: "TI RECICLAS, OURENSE GAÑA", actividade promovida polo Concello de Ourense co fin de "contribuír á reducción da emisión de gases e do efecto invernadoiro e en especial reducir a pegada ecolóxica, comezando dende o ambiente escolar"
Nunha charla impartida por un técnico en medio ambiente aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, este faloulles do aumento da xeración de residuos debido ao incremento do consumismo da poboación e do número de embalaxes que se empregan na comercialización de productos ( papel, cartón, vidro, plásticos, metais,...) e polo emprego de envases de usar e tirar. Toda esta situación provoca un crecemento contínuo no volume de refugallos xerados por habitante e o conseguinte impacto medioambiental. Para contribuír dende a escola e dende os fogares á redución dos residuos, o técnico explicoulles a "REGRA DOS 3 ERRES" (reducir, reutilizar e reciclar) e deulles unha serie de nomas e consellos que todos debemos poñer en práctica, xa que tamén é a nosa responsabilidade contribuír coas nosas accións á reducir o impacto no medio ambiente.