PLAN DIRECTOR: CHARLA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Un ano máis a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación puxeron en marcha o PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE  NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS. O principal obxectivo do mesmo é o de mellorar a convivencia nos centros e na comunidade educativa, fomentando valores de respecto a partir da prevención e da información en temas como: acoso escolar, novas tecnoloxías, violencia de xénero, drogas e alcol... Estas charlas son impartidas por persoal especialista dos Corpos de Seguridade do Estado.

Concretamente ao noso centro acudiu, Lorena, membro da Policía Nacional, que impartiu o día 20 de febreiro unha charla informativa sobre o acoso escolar. Durante a mesma explicoulles aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria que era o acoso escolar, onde ocorría, cales eran as partes implicadas no mesmo: vítima, acosador e observadores. Cales son os diferentes tipos de acoso: físico, psicolóxico, verbal, social, sexual e ciberacoso; así como as medidas a adoptar en caso de ser vítima ou observador dalgún problema de acoso no centro ou no seu contorno. Logo os rapaces e rapazas interactuaron con ela formulándolle preguntas e contando as súas vivencias con respecto a este grave problema. 

 

ENLACES:

- BREVES PAUTAS PARA PAIS E NAIS SOBRE COMO ACTUAR ANTE O ACOSO ESCOLAR E O CIBERACOSO.

- CONSELLOS DO PLAN DIRECTOR PARA O ALUMNADO.

 

Powered by Drupal - Design by artinet