O martes, 16 de outubro, fixemos a primeira saída do actual curso, saída que compartimos con algunha das persoas maiores que integran o Centro Residencial de San Amaro e na que participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria acompañados polos seus titores e outro profesorado do centro. Foi unha saída onde combinamos a historia coa paisaxe: visitamos as ruínas do convento de Santa Comba de Naves e a súa capela, paseamos polo fermoso bosque de Falán, rematamos no pobo da Conchada coa visita dos interesantes museos-etnográficos de Elías e contamos coa presenza de alguén que nos fixo volver a tempos pasados...
Se queredes coñecer máis como se desenvolveu esta actividade facede click na imaxe para ver a nova no blog do proxecto Voz Natura do centro: