PLAN DE CONSUMO DE LEITE E FROITA NAS ESCOLAS

Este curso comeza o novo PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FRUTAS, HORTALIZAS Y LECHE EN LAS ESCUELAS 2017-2023 que substitúe ao antigo PLAN DE CONSUMO DE FRUTA Y VERDURA EN LAS ESCUELAS que se implantou no curso 2009-10 e rematou o pasado curso 2016-17. Programa promovido polo  Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente en colaboración coas Comunidades Autonómas. 

Os principais obxectivos deste programa son:

- Potenciar o consumo é a demanda de froitas e produtos lácteos.

- Mellorar os hábitos alimentarios da poboación infantil que se traducirán nunha redución da obesidade e do risco doutras enfermidades no futuro, mellorando deste xeito a súa calidade de vida. 

Os períodos de reparto concedidos ao noso centro para este curso 2017-18, son os seguintes:

REPARTO DE LEITE 

1º PERÍODO          

Dende o 17 de xaneiro ata o 23 de febreiro

2º PERÍODO 

Dende o 2 de maio ata o 8 de xuño

REPARTO DE FROITA 

PERÍODO 

Dende o 16 de abril ata o 27 de abril 

Para saber máis sobre este programa e as súas características podedes consultar os seguintes enlaces:

- Resolución do 13 de xuño de 2017  pola que se regula o procedemento 

- Páxina do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria)

- Alimentación.es - páxina do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente 

Recordar que no noso centro, ademais destes períodos de reparto subvencionados, ao longo de todo o curso, na hora do recreo todos os alumnos e alumnas reciben unha pequena merenda ou parva consistente en iogures, leite, bocadillos ou froita, tratando de fomentar hábitos alimentarios saudables e para evitar que os nenos consuman alimentos menos saudables (bolleria industrial, lambetadas...). 

Powered by Drupal - Design by artinet