O luns, 27 de novembro, realizamos no patio do cole un pequeno acto conxunto para poñer o noso gran de area na conmemoración de tres datas moi sinaladas nestes días: DÍA UNIVERSAL DO NENO (20 de novembro), DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 de novembro) e DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3 de decembro).
Primeiro lemos un manifesto realizado polos alumnos de 6º de primaria e a continuación cantamos a canción CHEA DE VIDA (da cantante GUADI GALEGO) interpretada ademais con linguaxe de signos grazas a colaboración de Patricia, nai de Julia (alumna de infantil de 4 anos), que estivo no colexio ensinándonos a todos como facelo (unha actividade enmarcada dentro do noso proxecto ENCONTROS 4X).
(Mural contra a violencia de xénero realizado
polos nenos de 5º de infantil-4 anos)