CHARLA NAVEGA CON RUMBO

Un ano máis participamos nunha nova edición do PLAN NAVEGA CON RUMBO, concretamente na súa VII edición. Este plan de colaboración entre a Consellería de Educación e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) pretende "concienciar ao alumado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e das redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura".

O martes, 16 de maio, acudiu ao noso centro, Lorena Otero Cerdeira, enxeñeira en informática, para dar unha charla ao alumado de 5º e 6º de primaria dentro do citado plan. Na mesma tocou diversos temas en relación coa navegación por internet: empezou por explicar que é internet e que nos permite facer, o bo ou mal uso da rede, perigos en internet (a nomofobia, hoax, estafas, apps falsas, phishing, wifis abertas, grooming, ciberbullying...) Despois deu unha serie de consellos útiles para unha navegación segura e responsable, tanto nas redes sociais coma consellos para o uso do móbil.

Ao longo de toda a charla foi interactuando con todo o alumnado, aclarando as súas dúbidas e respostando as súas preguntas e, indicándolles como debían proceder ante calquera ameaza ou acoso... tamén empregou diversos vídeos que exemplificaban algunhas das situacións explicadas. Deste xeito a charla, ademais de interesante e formativa, resultou moi amena e entretida. 

 

No seguinte enlace podedes consultar unha lista de páxinas webs relacioanadas co tema da seguridade en internet e que nos foi facilitada por Lorena:

NAVEGA SEGURO POLO CIBERESPAZO

E estes son algúns dos vídeos visionados durante a charla:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet