Deixamos aquí a reseña de dúas actividades realizadas no mes de abril por alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e das que podedes obter máis información no blog das Aulas Abalar:
- A primeira foi unha charla impartida ao alumnado de 6º de primaria pola periodista de LA VOZ DE GALICIA, Fina Ulloa.
A charla estaba enmarcada dentro do programa Prensa-Escuela:
"Prensa-escuela" é unha aposta de La Voz de Galicia, cabeceira líder da prensa galega e cuarta no ámbito nacional, para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagógico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas". (sinopse extraída da páxina web do programa Prensa-Escuela)
Ao rematar a charla, a periodista redactou con eles a nova da súa visita ao cole e subiuna á edición dixital do xornal LA VOZ DE GALICIA, e ao momento, os alumnos xa puideron vela nos seus ordenadores:
Unha pequena reseña da nova saiu tamén na edición impresa do xornal o día 20 de abril:
- A segunda das actividades foi unha sesión de contacontos, enmarcada dentro da semana do libro que se celebrou no centro. Foi realizada o pasado 28 de abril para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria por Nati "Natillas" Borrajo, actriz do grupo de teatro Sarabela, que coa súa experiencia soubo captar a atención e o interese dos nenos e nenas.
(Premede na imaxe para acceder ao blog das Aulas Abalar)