O 4 de maio tamén remataron as actividades da semana da saúde o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º cunha divertida sesión de contacontos: UN DÍA DE EMERXENCIAS. A historia era unha posta en escea divertida do que pode ocurrir nunha centralita dunha liña de emerxencias con exemplos de situacións cómicas. A finalidade deste contacontos era dar a coñecer aos alumnos cal é o número ao que debemos chamar en caso dalgunha emerxencia, as características deste servizo e en que casos debemos utilizalo.
Ao final houbo divertidos concursos, con xuíces e todo... para demostrar todo o que aprenderan.