O 4 de maio, e como remate das actividades realizadas ao longo da semana da saúde, o alumnado de infantil disfrutou cunha sesión de contacontos. A historia chamada, O CORAZÓN DE MARTINA, xiraba en torno a Martina, unha nena feliz ata que enfermou o seu avó e deixou de comer de xeito saudable, xa que a súa familia non tiña tempo para cociñar. Martina empezou a engordar e notarse mal por comer a todas horas lambetadas, bollería... ¿Como sanou Martina?, pois cando o seu avó mellorou e volveu a comer de maneira saudable, tamén empezou a facer deporte... Todo isto contado dunha forma moi divertida e facendo interactuar aos nenos que o pasaron fenomenal.