Para coñecer in situ como se almacenan e distribúen as froitas e verduras, os alumnos de 6º de educación infantil (5 anos) acudiron ás instalacións que a empresa FRUNATUR ten no Polígono de San Cibrán. Alí viron os diferentes procesos que se realizan diariamente nunha planta de almacenaxe e distribución:
Viron como chegaban os camións coa mercancía e como a pesaban e como se cargaban os pedidos para mandar ás froiteiras. Logo viron os distintos espazos de almacenaxe e entraron en dúas grandes neveiras, unha para a almacenaxe de froitas e outra para a almacenaxe de verduras. Viron tamén as salas de envasado e como ían calibrando as froitas para separalas por tamaño e envasalas. Noutro espazo ensináronlles unha exposición de cousas realizadas con froitas e verduras e tamén a zona de reciclaxe: cartón e plástico son reciclados e almacenados.
Finalmente, e despois de ver tantos alimentos tan ricos e saudables, claro, abriuse o apetito, e os nenos e nenas foron obsequiados cunha rica macedonia.
Tamén obsequiaron aos nenos con diferentes agasallos: unha viseira, lambetadas saudables de froitas... e o seguinte folleto cunha recopilación de receitas para facer zumes e batidos: