OS SENTIDOS (SEMANA DA SAÚDE 2017)

Os pequenos e pequenas de 1º de primaria realizaron o 7 de abril o seu segundo obradoiro, OS SENTIDOS. Os obxectivos do mesmo eran:

- Descubrir os sentidos e estimulalos

- Diferenciar sensacións e sentidos

- Recoñecer texturas e olores 

- Probar os alimentos propostos

A actividade resultou moi motivadora para eles: adiviñar o que tocamos, ulimos, escoitamos e probamos sen usar o sentido da vista resultou moi divertido e puideron comprobar que debemos estimular todos os nosos sentidos e telos "ben entrenados". 

 

Nas seguintes fichas tedes máis información sobre a actividade:

- Os sentidos 

- Experimentamos cos sentidos 

Powered by Drupal - Design by artinet