ZUMES E LICUADORA (SEMANA DA SAÚDE 2017)

Con este taller, realizado polos alumnos e alumnas de 3º de primaria o pasado 7 de abril, aprenderon a facer zumes e batidos e a combinalos entre eles. Tamén aprenderon a importancia de comer variado e incluír sempre froitas e verduras na dieta diaria polos grandes beneficios que nos aportan. 

Este divertido taller partía da seguinte permisa: ¿Que comen os teus personaxes preferidos?. Divididos en grupos de catro, cada grupo elaborou o delicioso batido ou zume dun divertido personaxe de ficción:

- O almorzo de Bob Esponja

- A enerxía de Scrat

- O zume dos piratas

- A poción máxica de Astérix e Obélix

 

 

 

 Podedes consultar como se fan estes ricos zumes e batidos no seguinte documento adxunto:

- ¿Que beben os teus personaxes favoritos?

Powered by Drupal - Design by artinet