COMER A TODA COR (SEMANA DA SAÚDE 2017)

Verdade que todo é máis bonito se é de cor?? Tamén é moi importante comer alimentos de todas as cores polos beneficios que teñen para a nosa saúde. Esta vez foron os alumnos de 2º de primaria os que aprenderon a identificar os distintos tipos de alimentos como fonte de saúde, centrándose sobre todo nas verduras e hortalizas.

Despois de identificar en láminas distintas verduras, froitas e hortalizas, coñeceron formas distintas de comelas, por exemplo, en ricas ensaladas cheas de cor. E para poñelo en práctica, primeiro fixerono no papel, coloreando os seus ingredientes favoritos para facer unha ensalada. Logo pasaron á preparación real: poñendo como ingrediente básico a leituga, foron montando as súas ensaladas con coloridos e saudables alimentos: tomates, cenorias, cebola, millo, froitos secos...

 

Nos seguintes enlaces podedes descargar toda a información sobre a actividade e a importancia de comer a toda cor:

- Comer a toda cor 

 

- Alimentos por colores 

 

- A cor dos alimentos 

 

Powered by Drupal - Design by artinet