O martes, 4 de abril, foron os alumnos e alumnas de 5 anos os que disfrutaron e aprenderon cun obradoiro sobre o iogur. Partindo dun conto sobre dous nenos que visitaban unha granxa, os pequenos colorearon e tiveron que ordear unha historia que representaba a orixe do iogur. Logo chegou o máis divertido: probaron distintos tipos de iogur, engadíndolle froitas ao natural ou engadíndolle froitas trituradas... os nenos tiñan que comentar as súas impresións sobre cal lles sabía mellor ... ao final explicáronlles as monitoras que os dous tipos contaban cos mesmos ingredientes...só variaba a forma de presentalos!!