SAÚDE BUCODENTAL

Un dos obxectivos que traballamos no centro, a través de diversas actuacións, está o de promover no noso alumnado un estilo de vida saudable. Enmarcado dentre este obxectivo, o pasado 10 de marzo os alumnos e alumnas de Ed. Infantil e de 2º de primaria participaron nunha charla interactiva sobre a saúde bucodental. Xa todos sabemos da importancia de inculcar nos nenos, dende os primeiros anos, o hábito do coidado da boca cunha boa limpeza diaria, con revisións periódicas e asociado a unha alimentación saudable con consumo limitado de lambetadas, bollería, bebidas azucradas...

A charla foi impartida por Patricia, unha técnica do Concello de Ourense, que lles falou primeiro aos pequenos de infantil, da importancia de cepillarse os dentes, do correcto uso do cepillo e da pasta, da necesidade de visitar ao dentista de forma regular... tamén fixo intervir aos pequenos preguntándolles sobre os seus hábitos de limpeza, as súas visitas ao dentista...

Na charla dirixida aos rapaces e rapazas de 2º de primaria, ademais explicoulles máis detalladamente os cambios na dentición de nenos a adultos, as funcións dos nosos dentes, as distintas partes que os forman, a carie e o que produce na nosa dentadura, o cepillado e a pasta de dentes... Logo tamén mantivo un pequeno coloquio cos nenos e estes fixeron preguntas e comentarios sobre o tema. 

 

Ao rematar a sesión cos máis pequenos, que mellor que ver a Pepa Pig cuando vai ao dentista??

 

O luns 13 de marzo foron os alumnos e alumnas de 3º e 6º de primaria os que recibiron tamén unha charla sobre este mesmo tema: "Coidando a miña boca: iniciando os coidados bucais" é o título da charla que promovida pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense lles foi impartida aos nenos de 3º e "Coidando a miña boca: mantemento dunha boca sa e prevención" a dirixida ao alumnado de 6º. Concienciar ao alumnado da importancia dunha correcta hixiene bucal e da mellora doutros hábitos e dos coñecementos relacionados coa saúde bucal sforon os obxectivos básicos das dúas. 

Deixamos tamén un acceso á páxina da Xunta de Galicia SENCARIE onde os nenos poden acceder a xogos e información relacionados coa saúde bucodental:

Powered by Drupal - Design by artinet