La violencia contra las mujeres y las niñas es una violación de los derechos humanos, una pandemia de salud pública y un grave obstáculo para el desarrollo sostenible. […] Sale muy cara a las familias, las comunidades y las economías. […] El mundo no se puede permitir pagar ese precio». Ban Ki-moon, Secretario General de la ONU |
O 20 de decembro de 1993, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller (A/RES/48/104 ).
O 17 de decembro de 1999, a través da Resolución 54/134 , declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A data foi elexida como conmemoración do brutal asesinato en 1960 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961).
De dende aquela a ONU insta aos gobernos, ás organizacións internacionales e ás organizacións non gubernamentales a que organicen nese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto ao problema da violencia contra a muller.
No colexio unímonos a esa conmemoración coa celebración dun pequeno acto no patio do colexio, presidido por un gran cartel elaborado para a ocasión.
Primeiramente, Raquel e Inés, alumnas de 6º, leron un pequeno manifesto elaborado polos alumnos de 5º A, do que reproducimos algúns fragmentos:
"vive en igualdade, vive sen violencia"
Queremos manifestar a nosa solidariedade con: todas as mulleres que senten medo, dor, tristeza, sufrimento e calquera tipo de violencia e inxustiza no mundo …
Asimesmo queremos manifestar o noso compromiso para:
Respectar os dereitos das mulleres e das nenas.
Rexeitar todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como verbal.
Relacionarnos respectuosamente.
Empregar mensaxes cooperativos e dialogantes.
Denunciar situacións de violencia contra as mulleres e nenas.
A continuación fixemos o "reto do maniquí" (o famoso mannequin challenge que está tan de moda e que consiste en quedarse inmóvil coma un maniquí mentras soa unha canción). Nenos/as e profesores/as fixeron de maniquíes mentres soaba a canción de Amaral "Salir corriendo", canción que incide no tema da violencia de xénero.
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes do pequeno acto reinvindicativo: