SAMAIN/ HALLOWEEN 2016

 

Xa chegou de novo a celebración máis "terrorífica" do ano: O SAMAÍN - HALLOWEEN. O SAMAÍN non é unha copia do famoso HALLOWEEN, senón que provén dunha antiga tradición de orixe celta que existiu en Galicia pero que levaba anos olvidada. Foi un mestre de Cedeira, Rafael López Loureiro, o que a recuperou. Se queredes saber un pouco máis desta festa, o seu significado e as súas orixes, podedes visualizar a seguinte presentación realizada polo IES Pedro Floriani (Redondela):

Tanto en educación infantil como en primaria realizáronse distintas actividades sobre o SAMAÍN (e HALLOWEEN nas clases de inglés). Na seguinte presentación tedes a mostra dalgunha delas:

Realizaron pantasmas "reciclados" feitos con botes e pratos de plástico os pequenos/as de infantil, decoráronse portas terroríficas, realizouse un taller de cabazas promovido polo equipo da bilbioteca escolar que tamén convocou un concurso de contos de medo e realizou unha exposicións de libros coa temática do "medo" como fondo. Bólas "anti-estrés" con globos e fariña e decoradas con caras de monstruos fixeron os alumnos/as de 3º e 4º de primaria. Marcapáxinas e móbiles os nenos e nenas de 1º e 2º. Jamie, a nosa auxiliar de conversa preparou unha presentación sobre como viven a festa de Halloween en Tenneesse, o seu estado americano de orixe. 

Alumnos /as de 6º realizaron uns divertidos esqueletos con bastonciños de algodón... ata os pequenos e pequenas do servizo de madrugadores decoraron tarros de cristal, castañas e pinzas con motivos "terroríficos". Coma sempre, non faltou a decoración e ambientación por todo o colexio.

 

Powered by Drupal - Design by artinet